15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

Erguinme; atravesei pola canle dunha leira e saltei un valado

caendo nunha corredoira fonda. Dempois atopeime cun cerrado de

valados que brinquei tamén, atopando con vinte ou trinta rapaces, vestidos

de mouro, no medio dos que se erguía un estandarte, cuberto de

loito, coa lenda: “Orfeón Brigantino”.

Ós poucos momentos comezaron a cantar unha plegaria en gallego,

e puxeron sobre unha tomba porciós de coroas de semprevivas,

cunhas cintas onde se lían istes verbes:

“A Don Marcial del Adalid y Gurrea 218 ”.

Aquil fato de rapaces membros da sociedade “Liceo Brigantino”

219 , iban a pór sobre a tomba do máis intelixente músico destes tempos

a derradeira proba de agradecemento.

¡O amor pola pátrea tiña alí xuntos a aqueles antusiastas rapaces!

Pouco despois saín do cimenterio de Liáns 220 , collín polo rueiro

que leva a Oleiros.

Aquela música, úneca que astra estonces falárame de algo grande,

resoaba aínda nos meus ouídos.

Novos pensamentos: solo quería a terra. O amor da pátrea, primeiro

cariño que sentín, revertía no meu peito.

218

Marcial del Adalid y Gurrea (A Coruña, 1826–1881) formouse musicalmente dende

moi novo na Real Colexiata de Santa María da Coruña. No 1844 viaxou a París para

seguir as ensinanzas de Chopin. Logo de catro meses sen conseguilo, marchou para Londres

a estudar con Ignaz Moscheles. En 1846 instalouse en Madrid e difundiu algunhas

das súas obras. Posteriormente encerrouse no seu pazo de Lóngara para compoñer outras

obras e para arredarse da vida social. Estivo casado coa novelista Francisca González

Garrido (Fany Garrido). Entre as súas obras salientan: Inese e Bianca, Sonatina en sol,

Cantares populares Gallegos e Cantares viejos y nuevos de Galicia. Destacou por ser un

dos principais impulsores das corais orfeónicas que comezaban a ter daquela certo éxito.

219

Con este nome publicouse un xornal no século XIX, dirixido por Ricardo Caruncho

Crosa

220

Corriximos Ciáns por Liáns, ao consideralo un erro tipográfico.

209

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!