15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

Todo invitaba a pensar ¡e pensei tantas cousas!

Dempois que estiven engaiolado ollando o feiticeiro paisaxe que

se estendía diante de min; cando comenzaba no máis íntemo do meu

esprito unha terca loita entre os ledos recordos da niñez e as esperanzas

do porvir; cando estaba tan ensimismado que non sentía xa nin o

bruar do mar, nin o rumor dos pinos, nin o barullo da foliada, nin os

alegres aturuxos que turbaban de vez en cando o doce quedismo en

que se alcontra decote a poética Lóngora; estonces fireu os meus ouídos

unha harmunía tan tenra coma unha toada de Gounod 216 , tan

melancónica coma un poema do escocés Ossian 217 , tan vaga coma

unha balada irlandesa; harmonía que, espertándome daquel ensimismamento,

causoume un estremecemento emparolabre, e fixo rubir ós

meus ollos unha bágoa máis imparolabre aínda.

Aquela música era gallega, é decir, era unha harmunía en que se

sinten eses sons que nos falan do ceo, ises concertos que tan axiña nos

fan soñar en algo desconecido como nos presentan as legrías verdadeiras

do mundo.

¿Quen executaba esta harmonía ¿Eran fadas que viñan a arrincarme

daquelas fondas contempraciós ¿Eran quizais soídos do meu

cerebro, ou era executada por seres humás

216

Carlos Gounod (París, 17 xuño 1818 – Saint Cloud, 18 xuño 1893) foi un compositor

francés dedicado nun principio á música relixiosa. Máis tarde chega a director xeral do

Orfeón de París e acada prestixio internacional coa composición de pezas como: Faust

(1859), La reine de Saba (1862) e Roméo et Juliette (1867). É a cabeza visible da Escola

francesa entre 1860 e 1880.

217

Heroe e poeta escocés do século III de existencia bastante dubidosa. Segundo a tradición,

era fillo de Fingal, un guerreiro escocés que resistiu a invasión do emprerador romano

Severo e que conseguiu unha importante vitoria sobre Caracalla. Seguindo coa lenda,

Ossian emprendeu unha expedición a Irlanda e alí casou con Evir–Alina. Desta parella

naceu Oscar, que foi morto a traizón e que provocou o desconsolo do pai. Ossian, que ademais

do fillo perdeu tamén a visión, buscou alivio na poesía épica. Isto, que circulou como

tradición oral escocesa, foi dado a coñecer en 1761 por James Macpherson, que anunciou

o descubrimento dunha epopea protagonizada por Fingal. No 1763 deu a coñecer Temora

e no 1765 Obras de Ossian. Fingal y Temora.

208

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!