15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

—Como a miña leira é moi grande, hipotecarei nada máis que

a mitá.

—Conforme se a parte que hipoteques sea testando coa horta.

—¿E como non, señor

—Fixeron a escritura de pauto de retro, e Bastián largou co

diñeiro a redimir a Perucho, que volveu aquel mesmo día prá súa casa

máis contento que un cuco.

Iba a cumprir un ano despois desto. A víspera do vencimento da

hipoteca, presentouse Bastián, en compaña de tres viciños seus pra

que lle serviran de testigos, no despacho de don Constante.

—Señor, —decía Bastián,— eu sonlle home perdido. Este ano

caeron enriba de min moitas desgracias. Non collín maínzo ningún,

caeume a feluxe no viño, podrecéronme as patacas no celeiro, e

doume moita perda a venda do gando... ¡Non lle podo pagar; doume

por perdido!

—¿E daquela

—¿Daquela ¡Ai meu señor Constante! Que lle estou empeñadiño

de todo, e non teño modo de saír de apuros máis que hipotecando

a outra mitá.

—Bueno, home, bueno; pra que vexas que te trato ben, e que

non abuso do apuro do próximo, dareiche a mesma cantidá que pola

outra parte.

—¡Vaia todo pola alma dos seus difuntiños!...

Fixeron a escritura, e cando Bastián tiña os cartos na man, dixo:

—Agora, meu señor, quero deshipotecar a outra mitá, que vence

mañán. Aquí ten o diñeiro; e os señores me serán testigos de como

fago a entrega.

—Mira, meu amiguiño, —repondeulle don Constante dándolle

unhos golpiños no hombro— agora queda a miña horta sin compretar,

e poñerei unha ponte, se me deixas, pra pasar á outra banda que agora

me hipotecas. Ti non tiveches necesidade de ir a Santiago para adeprender

leises. Coa retranca que Dios che deu tes dabondo pra xiringar

a calquera letrado, como me xiringache a min, con perdón.

204

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!