15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

OS DOUS AVOGADOS 208

Don Constante, que era naqueles tempos o avogado de máis

sona da Cruña, tiña unha casa–quinta en Moruxo 209 , preto da vila

de Betanzos.

A horta non tiña sembradura dabondo, e ademais, polo fondal, faltáballe

un bon pedazo pra sere cuadrada. Lindaba por este lado cunha

leira de Bastián que non quería de ningunha maneira vender o cacho

de terreo que acuciaba don Constante.

Un día presentouse Bastián na Cruña, no despacho do noso avogado,

e díxolle:

—Señor, veño a poñer no seu conocimento como lle tocou en

sorte ir ao servicio do rei ao meu fillo Pedro, que é o meu brazo dereito.

Se mo levan non sei que será de min, pois xa estou moi velliño e

non podo traballa–la miña facenda.

—Tes razón amigo Bastián.

—E polo mesmo eu viña a rogarlle que me emprestara algún

diñeiro sobre da leira que está a carón da súa horta...

—¿En que condiciós —preguntou estonces don Constante cheo

de alegría porque ao fin iba a compreta–la horta.

—Señor, como vosté queira. Vender non lla vendo porque doime

moito desfacerme dos bes de meus pais; pero, se lle parece ben, tomareille

o diñeiro en pauto de retro.

—Ben, home, ben... —respondeu o avogado— restregándose

as mans.

208

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 20, 28 decembro 1907, p. 5.

209

Freguesía e tamén aldea do concello de Bergondo, situada a 1,5 km da capital municipal

e bañada pola ría de Betanzos.

203

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!