Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ... Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

15.02.2015 Views

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire lilaila; e agora ten pazo na aldea e outro na cibdá, e axiña terá tamén o título de Marqués, que nos tempos que levamos adequírese como quen merca unha cuxa. Ben podía aforrar o decir que o tío Xan e don Costante, entrambos a dous avogados, lévanse como can e o gato, principalmente dende que o primeiro lle deu unha leución de avogacía que non enseñan as cátedras, nin o xurisconsulto señor Abella lembra en ningures dos seus libros. Éravos pois o caso de que a horta do andalús que lindaba coa do noso churrusqueiro labrego, tiña unhas cerdeiras que polo medio día daban sombra de tal maneira no predio veciño, que non deixaban lograr froito do que alí se prantaba. O noso peisano fixo ver a don Costante o mal que tales arbres facían, e que encontrándose a unha vara do lindeiro e ó lado do saliente, non era de lei o que se houberan prantado alí as cerdeiras, etc; pro nunca lle fixo caso algún, co gallo de que ó probe non dan a razón os caciques. —¡Que caracho, señor! —decía o tío Xan un día en que pasaba por debaixo dos arbres de que falo— ¡que non hei de tumbalos! Non podo sementar nada preto distas malditas cerdeiras; pro... pola noite pensarei pra ver de atopar algunha retranqueira. En efeuto; debeu de encontrala, pois ó dia siguente decíalle ó seu compadre Chinto: —Mañán tes que ir á vila, e estimaríache que me fixeras o favor... —Si podo, ti xa sabes... —Irás a onde un avogado a buscar unha consulta... (o tío Xan rasca o curuto da cabeza) pro... o avogado que sea don Costante ¿entendes Ti farás a pregunta tal como eu cho vou a decir: atende; dirás eisí: “Don Costante, teño unha leira ó lado doutra do meu compadre Xan, e a deste ten us arbres que dan sombra na miña de tal maneira que non me deixan lograr froito algún. Eu quería saber si podo ou non tumbalos, pro... polo que poida suceder deseo que vosté me dea un parecer por escrito, sin citar nomes”. Il darache o escrito, polos cartiños, por decontado, e logo dasmo a min. —Mui ben; non sendo máis que así. Pro ten en conta que como che quer mal, vai a dar ó vultuntum o parecer de que se tumben. 200

Xabier Campos Villar —¡Canté! ¡Compadre! —dixo o tío Xan ó ver que a consulta iba de camiño a dar os resultados cobizados— ti descoida; fai como eu che mando, e ganarás... —Fecha a boca, que eu non trafico cos amigos. O outro día pola tarde xa volvía Chinto co parecer do avogado; tan luminoso por certo, que despois de citar as páxinas onde estaban os artículos da lei e os nomes dos que escribían a exposición ou prólogo —cousa de moda nos tempos que corren, principalmente pra os que escriben pola moderna non querendo nada que cheire a vello— decía que había direito a tronzar os arbres. Cando o tío Xan colleu nas mans o papel non acougaba de contento. Xa podía tumbar as cerdeiras, e o avogado lido non podería queixarse, e si o facía peor pra il. Sin dar tempo a nada colleu un serrón e un machado, e acompañado dun dos fillos, foise á leira de don Costante, e... prin... pras... tronzou as cerdeiras. Pasados catro días, o alguacil citaba ó noso labrego pra que fose a un xuício ou crella presentada polo avogado. O tío Xan non desinou home bo —que moitas veces salen peor que os mesmos demos— e fiou a vitoria nas retranqueiras de costume. Xa temos ó demandante e demandado no Xusgado de Paz, —como entón se chamaban, e cuio nome lle sacaron con bastante acerto pois case sempre son Xusgados de Guerra—. O avogado retorce os bigotes con cirimonia que quer decir: “voute a amoucar”, e o señor Xan está facendo raias no chan coa moca como agardando o momento da vitoria. Despois de que o acusaron e de que o avogado ceibou unha parola xurídica de primeira fila preguntou o xués ó demandado, que contestaba ás acusaciós. —Eu... —comenzou este a decir con calma própea dos picapreitos— é verdá... cando un está no seu; cando a razón está do meu lado... porque, sepa vosté... e dispense... que si tumbei as cerdeiras non foi por mal querencia, porque, así Dios me leve si quero mal a bicho viviente. O señor, don Costante, non pode decir, nin debe decilo que fixen mal e que eu non estaba dentro da lei... porque 201

Xabier Campos Villar

—¡Canté! ¡Compadre! —dixo o tío Xan ó ver que a consulta iba

de camiño a dar os resultados cobizados— ti descoida; fai como eu

che mando, e ganarás...

—Fecha a boca, que eu non trafico cos amigos.

O outro día pola tarde xa volvía Chinto co parecer do avogado;

tan luminoso por certo, que despois de citar as páxinas onde estaban

os artículos da lei e os nomes dos que escribían a exposición ou prólogo

—cousa de moda nos tempos que corren, principalmente pra os

que escriben pola moderna non querendo nada que cheire a vello—

decía que había direito a tronzar os arbres.

Cando o tío Xan colleu nas mans o papel non acougaba de contento.

Xa podía tumbar as cerdeiras, e o avogado lido non podería

queixarse, e si o facía peor pra il.

Sin dar tempo a nada colleu un serrón e un machado, e acompañado

dun dos fillos, foise á leira de don Costante, e... prin... pras...

tronzou as cerdeiras.

Pasados catro días, o alguacil citaba ó noso labrego pra que fose

a un xuício ou crella presentada polo avogado. O tío Xan non desinou

home bo —que moitas veces salen peor que os mesmos demos— e

fiou a vitoria nas retranqueiras de costume.

Xa temos ó demandante e demandado no Xusgado de Paz,

—como entón se chamaban, e cuio nome lle sacaron con bastante

acerto pois case sempre son Xusgados de Guerra—. O avogado retorce

os bigotes con cirimonia que quer decir: “voute a amoucar”, e o

señor Xan está facendo raias no chan coa moca como agardando o

momento da vitoria. Despois de que o acusaron e de que o avogado

ceibou unha parola xurídica de primeira fila preguntou o xués ó

demandado, que contestaba ás acusaciós.

—Eu... —comenzou este a decir con calma própea dos picapreitos—

é verdá... cando un está no seu; cando a razón está do meu

lado... porque, sepa vosté... e dispense... que si tumbei as cerdeiras

non foi por mal querencia, porque, así Dios me leve si quero mal a

bicho viviente. O señor, don Costante, non pode decir, nin debe

decilo que fixen mal e que eu non estaba dentro da lei... porque

201

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!