15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

lilaila; e agora ten pazo na aldea e outro na cibdá, e axiña terá tamén

o título de Marqués, que nos tempos que levamos adequírese como

quen merca unha cuxa.

Ben podía aforrar o decir que o tío Xan e don Costante, entrambos

a dous avogados, lévanse como can e o gato, principalmente dende que

o primeiro lle deu unha leución de avogacía que non enseñan as cátedras,

nin o xurisconsulto señor Abella lembra en ningures dos seus libros.

Éravos pois o caso de que a horta do andalús que lindaba coa do

noso churrusqueiro labrego, tiña unhas cerdeiras que polo medio día

daban sombra de tal maneira no predio veciño, que non deixaban

lograr froito do que alí se prantaba. O noso peisano fixo ver a don

Costante o mal que tales arbres facían, e que encontrándose a unha

vara do lindeiro e ó lado do saliente, non era de lei o que se houberan

prantado alí as cerdeiras, etc; pro nunca lle fixo caso algún, co gallo

de que ó probe non dan a razón os caciques.

—¡Que caracho, señor! —decía o tío Xan un día en que pasaba

por debaixo dos arbres de que falo— ¡que non hei de tumbalos! Non

podo sementar nada preto distas malditas cerdeiras; pro... pola noite

pensarei pra ver de atopar algunha retranqueira.

En efeuto; debeu de encontrala, pois ó dia siguente decíalle ó seu

compadre Chinto:

—Mañán tes que ir á vila, e estimaríache que me fixeras o favor...

—Si podo, ti xa sabes...

—Irás a onde un avogado a buscar unha consulta... (o tío Xan

rasca o curuto da cabeza) pro... o avogado que sea don Costante

¿entendes Ti farás a pregunta tal como eu cho vou a decir: atende;

dirás eisí: “Don Costante, teño unha leira ó lado doutra do meu compadre

Xan, e a deste ten us arbres que dan sombra na miña de tal

maneira que non me deixan lograr froito algún. Eu quería saber si

podo ou non tumbalos, pro... polo que poida suceder deseo que vosté

me dea un parecer por escrito, sin citar nomes”. Il darache o escrito,

polos cartiños, por decontado, e logo dasmo a min.

—Mui ben; non sendo máis que así. Pro ten en conta que como

che quer mal, vai a dar ó vultuntum o parecer de que se tumben.

200

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!