15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

levar aos seus domicilios a auga potable, que era, en definitiva, o servizo

que prestaba “S.A. Aguas de la Coruña”. Lugrís seguirá vencellado

a esta empresa ata o seu retiro por enfermidade na década dos

trinta, cando xa ocupaba o cargo de secretario do Consello de Administración

e despois de ter sido un dos principais promotores da rede

de auga potable da cidade herculina.

Ademais da Liga Gallega, outra das iniciativas promovidas pola

Cova Céltica foi a creación da Escola Rexional de Declamación, co

obxectivo inicial de dotar o teatro galego dun grupo estable que garantise

a representación das pezas xa escritas e, ao mesmo tempo, animase

aos autores galegos a escribiren obras deste xénero. A Escola inicia

os seus ensaios en 1902 baixo a presidencia de Galo Salinas e a dirección

artística do actor Sánchez Miño 40 . Preséntase por primeira vez en

público o 18 de xaneiro de 1903 no Teatro Principal da Coruña 41 . Xa en

xuño dese mesmo ano, Lugrís e Sánchez Miño substitúen a Galo Salinas

e Jambrina, respectivamente. A Escola viuse envolta nunha serie de

disputas entre os directores por mor do distinto criterio para a escolla

das obras a representar. Ao final imponse a aposta de Lugrís por un teatro

crítico coas inxustizas da sociedade galega da época, un teatro que

cumprise unha función política e adoutrinadora, ademais da propiamente

espectacular, coa que fora concibido, e da literaria, que defendía

Galo Salinas. A partir deste momento será o noso autor o principal fornecedor

de textos para a Escola. O primeiro deles, A ponte 42 , foi estreado

no Teatro Principal da Coruña o 18 de xullo de 1903 43 e dedicado

a Manuel Salgado Rosende. Unha peza centrada nun dos temas máis

40

Eduardo Sánchez Miño foi un actor que participou, entre outras, nas seguintes representacións:

¡Filla! de Galo Salinas no 1903; A ponte (1903), Minia (1904) e Mareiras (1904) de

Manuel Lugrís Freire, ademais de Rentar de Castromil, de Evaristo Martelo Paumán no 1904.

41

Para máis información sobre as actividades da Escola Rexional de Declamación ver

Rabunhal, Henrique, Textos e contextos do teatro galego 1671-1936, Compostela: Laiovento,

col “Ensaio”, 1994, pp. 48-57.

42

Drama en dous actos en prosa. Dividido en tres cadros..., A Coruña: Tipografía La

Constancia, 1903.

43

Para ter a información exacta, ademais das obras xa citadas de Pillado e Rabunhal, resulta

útil a “Relación de obras representadas” en Tato Fontaíña, Laura, Teatro galego 1915-

1931, Compostela: Laiovento, “Ensaio”, pp. 229-272.

44

Drama nun acto en prosa, A Coruña: Imprenta y Fotograbado de Ferrer, 1905, 32 pp.

20

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!