15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Xabier Campos Villar

OS DOUS AVOGADOS 205

(CONTO XURÍDICO–RETRANQUEIRO)

O señor Xan é un labrego que sabe onde lle apreta o zoco, (pois

non poden magoalo os zapatos porque non os ten) usa patillas semellantes

a dous lacós de Lugo, cirolas de estopa, polainas de burel con

botós de ferro, e un sombreiro coro de fume, dexeneración de cando

era branco. En canto ó físico direi solasmente que se parece moito ó

tío Marcos da Pitela, residente na Habana; é decir, que vos é un home

de retranqueiras e sabidencia orixinal.

Áchase casado e ten dous fillos; é vinculeiro dos acomodados

anque non pode estirar moito o pé, por mor de que a manta non pasa

de cinco de longo.

Non hai preito nin xunta, loita nin descusión no auntamento na

que il non meta baza. Sabe escribir un pouco, e leer algo máis, e ten

metida na chencha os espritos das leises (falando xuridicamente) feitas

dende o tempo de Eurico 206 . Tamén entende algo de relixión anque

os cregos, pra non prevertirlo, non lle premiten máis peródicos que a

suscrición á Bula da Santa Cruzada.

No fondal da eira do noso personaxe, encóntrase o pazo do avogado

de verdá, don Costante Candelas, andalús de nación, e máis finchado

que as figuras do Cantón Grande da Cruña. A estoria deste

home —ou siñor, fóra a ialma— está un pouco lixosa, pois, ó decir de

moitos veciños, non tiña máis bes cando veu prá vila que unha pompona

(sombreiro) boa pra gardar mazarocas, e un traxe de fufú ou

205

Publicado n’ A Gaita Gallega, Tocata Segunda, 2 de agosto de 1885, pp. 6–7.

206

Rei dos visigodos que naceu ao redor do 420 e morreu no 484 ou 485 en Arlés. Mandou

compilar nun código os costumes polos que se rexían os godos.

199

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!