15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

corazón atiricido, pensando no seu amante compañeiro, nos seus filliños,

con esa vaguedade no espíritu que nos cantou a santa Rosalía nas

Viúdas dos vivos 201 no seu grorioso libro Follas Novas.

II

Felipe de Pazos xa estaba na Habana. Escribía cartas cheas de

solermiñas parolas, revertendo todo o cariño que levaba no corazón

polos seus fillos e pola súa dona. Mais non mandaba diñeiro porque

aínda non lograra un xornal que dera un pequeno sobrante para quitar

unha libranza.

En Casoedo 202 seguía a xente tirando o creto de Felipe. —É

un perdido, un trapalón —dicía unha viciña;— non manda un carto

á súa muller.

Sabela, nunha das súas cartas, queixábase das malas pécoras que

o caluniaban.

—Non hai volta, —dicía Felipe ao ler a carta de Sabela— a probeza

é fonte de inominia. Se eu mandara diñeiro, fora adequirido

como fora, sería un home de ben para os viciños de Casoedo.

As saudades que espertaban na súa alma as lembranzas da

terra; o recordo querendoso do seu lar; a cobiza de mandare cartos

para as maxezas da familia,... misturado todo coa desesperación de

que na Habana, como en Casoedo, o traballo non daba sinón para

malvivir, foron pouquiño a pouco infruíndo no seu espíritu, e abafando

os seus limpos e honrados pensamentos. Moitas veces, nos

homes que non teñen unha moral razonada e forte, as ideas e incriminaciós

máis fidalgas son o fundamento que os arrempuxa polo

camiño do pecado.

201

“As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos” é o título do último dos cinco libros nos

que está dividido o poemario Follas Novas. Está integrado por 31 poemas que xiran ao

redor do tema da emigración.

202

Non temos noticia de ningún topónimo Casoedo, pode tratarse de Carnoedo, pola proximidade

xeográfica á terra natal de Lugrís Freire.

196

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!