15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

CON POLAINA E MEDIA 197

Na ridente parroquia de Mondego 198 , preto da branca e limpa vila

de Sada, vivía un velliño, cangado polos moitos anos e máis pola

retranca, que andaba a pidir polas portas do mundo. Nomeábase o

Cazolo, e tiña un fillo, cativo e listo coma unha donosiña, a quen lle

puxeron o alcume de Pucheiro, que vén sendo un cazolo pequeno.

O vello do noso conto caeu enfermo, e despois de ter recibido

tódolos santos sacramentos —pois, según facía ver, o seu fillo era moi

temeroso de Deus— rompeuse o fío da súa vida, librándose deste xeito

de pasar angurias, nos bretemosos días da cruda invernía, cando

pelingrinaba polos lameiros mariñás chamando ás portas dos caritativos

corazós.

O Cazolo deixara, en boas moedas de prata, máis de doce mil

reás, cantidade que foi medrando coma o leite no lume ao ire a noticia

de viciño a viciño.

Pasaron moitos días. O Pucheiro non se dispoñía a facer cirimonia

algunha polo descanso de seu pai; e o señor cura da freguesía, coidando

do bon réxime das almas, mandou chamar ao desleigado fillo.

—Viacó, Pucheiro, viacó. Chegou a meu conocemento que teu

pai deixouche unha boa morea de cartos. Si has de cumprir coa túa

obriga de bon cristiano e bon fillo, tes que facere algo polo descanso

da súa alma.

—Pensarei neso, señor, pensarei neso.

197

Publicado na segunda edición dos Contos de Asieumedre.

198

Parroquia do concello de Sada que limita coa de Veigue e Carnoedo polo norte, Meirás

e Mosteirón polo sur, Sada polo leste e Dorneda polo oeste. Está situada a 2,6 Km. da

capital do concello.

193

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!