15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

O propio Lugrís recoñecía a importancia da Cova Céltica para a súa

formación: “a inesquecente e sagra escola en que se puliron e nidiaron

os meus conocimentos; en que afincaron o meu amor e a miña

decisión en favor da patria dos galegos” 36 . No 1897 foi un dos membros

da comisión que dirixiu a Liga Gallega e redactor, xunto con

Uxío Carré e Salvador Golpe, do Regramento da Sociedade Liga

Gallega na Cruña 37 , asinado nesta cidade o 8 de outubro e presentado

diante do Gobernador Provincial o 8 de novembro dese mesmo ano.

Define este “Regramento” no seu Artículo 1º que:

O ouxeto da Liga Gallega na Cruña, é a defensa dos

intereses moraes, materiaes, políticos, económicos e sociaes

de Galicia.

Uns meses antes comezara Lugrís a colaborar coa Revista Gallega

38 de Galo Salinas Rodríguez, na que continuará con poemas, breves

artigos de opinión, loas ao director e á publicación, e con polémicas

entre a Liga Gallega e Alfredo Brañas ata finais de 1898. O 23 de abril

de 1899 a Liga organizou unha homenaxe aos Mártires de Carral que

contou coa presenza do coronel Ramón Velasco Ibarra, fillo dun dos

fusilados, e na que Lugrís pronunciou un discurso en galego. O noso

autor foi secretario desta organización en 1897 e presidente en 1906,

cando xa se estaba a esvaer aquel proxecto que se iniciara nove anos

antes.

No 1903 iníciase unha nova etapa da súa vida, que se caracteriza

por unha maior estabilidade no traballo e por unha frenética actividade

teatral. Cando falamos de estabilidade laboral estámonos a referir

ao seu ingreso na compañía “Sociedad Anónima Aguas de La

Coruña” 39 , despois dun efémero paso pola Litografía “La Artística”.

Neste traballo, ademais de levar a contabilidade da empresa, tiña que

percorrer a cidade casa por casa para buscar abonados que quixesen

36

Afirmación que recolle Henrique Rabunhal Corgo en “Lugris Freire na cultura galega”,

Agália, nº 22, pp. 196–202.

37

Publicado na Revista Gallega (Semanario de Literatura e intereses regionales), nº

141, Ano III, 21 de novembro de 1897, pp. 1-4.

38

O 25 de xullo de 1897 co relato “O vimbio e mailo pino”

39

Que tiña o local central na rúa Real, no piso superior ao actual Cine París.

19

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!