15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Xabier Campos Villar

mandarche quero...”

e a música, como unha invocacion bárdica, levou os nosos pensamentos

á terra lexana. Despois o poeta falaba dos ridentes paisaxes, das

frescas sombras, da lúa lucente dos nosos ceos; e a música de Chané,

dina compañeira da musa do inmortal Curros, cinguindo a idea saudosa

do poeta, entrou nas almas, asoballounas, adormeceunas nese

mundo de recordos, nesa catalepsia do espíritu que vive no pasado e

no porvir, na terra e no eco, nas somas das quenlles sombrisas e no

cume das altas montanas onde o sol esnaquiza as súas vívidas raiolas.

Despois a idea musical, como unha bolboreta que seguira un

dourado fío de lus, parouse nunha frase doída como unha balada de

Chopin, fonda e harmoniosa como unha sonata de Beethoven, dando

comenzo a este rogo:

“Dilles que as súas obrigas

aquí os esperan

e se onde elas non volven

que se condenan...

E agora voa,

pombiña, e que te guíe

Nosa señora.”

¡Que ovación non vista recibeu naquel momento Chané! Curros

Enríquez que estaba nun palco, tivo que saír contra da súa voluntade ó

escenario, a recibi–la aprobación resoante dos gallegos. Abrazáronse

estonces o poeta da palabra e o poeta da música, as dúas manifestaciós

máis puras da alma céltica; e estonces, posto o púbrico de pé, como obedecendo

a un mesmo pensamento enxordeceu os aires cun ¡Viva Galicia!

O meu amigo Cesáreo, pálido, tremante, buligándolle as bágoas

nos ollos tamén apraudeu, tamen deu o patriótico viva.

—Asieumedre, —díxome cando tornábamos para a casa— Chané

e mais Curros foron esta noite os meus redentores. Un sentimento

que me fai moito ben espertaron no máis fondo da miña alma esta

música saudosa e esta meiga fala da terra onde nacín. Si; reconozo

agora que Galicia nin pode nin debe morrer. A libertá, a fraternidá

entre os homes debe comenzar respetando aquelo que é obra da natureza.

Dende hoxe, meu quirido Asieumedre, quero ser máis que teu

189

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!