15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

UNHA CANTIGA DE CHANÉ 192-193

A compañía de ópera de Sieni iba tódolos invernos á Habana

a representar as mellores obras no grande teatro de Tacón, que,

para groria da nosa terra, hoxe pertenece á patriótica sociedade

Centro Gallego.

Eu tiña costume de ire a estas festas en compaña dun paisano

da banda de Sada, que era un namorado de Carlos Albert, de Tolstoi,

Marx e outros. O meu compañeiro chamábase Cesáreo Z... De cotío

se bulraba de min, dicindo que o meu costume de fala–lo gallego, a

miña ansia de que Galicia lograse a súa personalidade, era cousa

ridícula, contraria ós grandes ideás que xerminaban na estudiosa e

nobre mocedade.

A noite do 22 de Nadal de 1894 anunciouse a represensación de

“Otello”, de Verdi, e ademais díxose que a tiple ferrolana Asunción

Lantes cantaría no intre, por primeira vez, unha cántiga gallega, Adios

á Mariquiña.

Fumos alá. A colonia gallega estaba aquela noite no gran teatro

disposta a agasallar á feiticeira Asunción “a muller máis fermosa e

máis muller” que, según o meu amigo F. Hermida, cronista de La Discusión,

tíñase visto naquel escenario.

192

Pseudónimo de José Castro González (Santiago, xaneiro de 1856 – A Habana, xaneiro de

1917). Aínda que naceu en Santiago, trasladouse de mozo a vivir á Coruña, onde lle fora

concedida unha cátedra na Escola de Belas Artes. No 1880, comezou a dirixir o Orfeón

Coruñés e dous anos despois fundou e dirixiu a coral de El Eco. Marchou á Habana a

finais de século e alá dirixiu o orfeón Ecos de Galicia. Musicou Tarangaño, Un adiós a

Mariquiña, Os teus ollos e Unha noite na eira do trigo, textos de Curros, ademais de A

fuliada, Gaiteriño que pasa, etc.

193

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 3, 18 de agosto de 1907, p. 2. Non leva o antetítulo “A

carón do lar”. Só foi reproducido na edición de 1909.

187

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!