15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

A ESPADA DO FIDALGO 188

A MEU IRMÁN PLÁCIDO 189

O fidalgo de Taboexa 190 , Pedro de Aldao 191 , acababa de chegar de

Ponteareas. Déranlle alí noticias de que aquela mañán —do 7 de

Setembre de 1658— saíra de Pontevedra o exército gallego que, ó

mando do marqués de Viana, don Rodrigo de Pimentel, iba a Portugal

a loitar contra dos portugueses, que non querian ve–la súa terra asoballada

por xente estranxeira.

—Fidalgo de Taboexa, —decíalle en Ponteareas o seu parente o

señor de Guimarei— xa sabedes que Portugal non quere vivir axuntado

cos demais reinos de España, e fainos a guerra. Os nobres gallegos,

respondendo ó chamamento do Capitán xeneral de Galicia, foron a

alistárense baixo das bandeiras do noso señor El–Rei don Felipe IV.

Faltáchedes vós, fidalgo; vós que tedes sona de home valente, que vos

vén de casta, e de entendido no arte da guerra. Todos din que sodes un

mal gallego que non queredes defende–las bandeiras de El–Rei.

—Señor de Guimarei, meu nobre parente, as vosas derradeiras

palabras magóanme en verdade, mais non penso pedirvos conta

188

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 25, 4 de febreiro de 1908, p. 5. Foi incluído na edición

de 1909 e nas sucesivas.

189

O mesmo que Manuel, Plácido Lugrís Freire estivo na emigración. A relación entre os

dous irmáns debeu ser boa, se temos en conta esta dedicatoria e outras máis de poemas.

190

Parroquia do concello de As Neves, limita con Celeiros e Vilacova polo norte, Meder e

Rubiós polo sur, Batallás, Ribarteme e Rubiós polo leste e Lira e Leirado polo oeste.

191

Pedro de Aldao foi un militar que participou na creación dun exército en Pontevedra

que formou parte, en 1658, das filas do Capitán Xeral de Galicia, Rodrigo Pimentel, marqués

de Viana, para loitar cos portugueses. Participou na guerra contra Portugal, na toma

de Lapela e da fortaleza de Salvaterra. No 1668 embarcou en Vigo para tomar parte na

campaña dos Países Baixos á fronte do “Tercio de Valladares”. Foi nomeado gobernador

de Henault e no 1683 defendeu Brujas fronte aos franceses, acción na que perdeu a vida.

183

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!