15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

peiteiro, que mellor compoña agora unha historia de amor. Para facer

de xués nesta lide está aquí o meu capelán Fernán Martís, que pola súa

sabidencia é honra dos meus estados. ¡Gabados sean Deos e a sancta

María súa Madre!

Unha moza fidalga, da famila dos Colmelos 185 de Sada, ergueuse,

fixo a venia, e comenzou a recitar un romance, que tiña a medida

que estonces se estilaba entre os trabadores lemosís.

—Ben está, —dixo Martís cando a fidalga finara o seu romance—

que trobe outro desidor.

Ergueuse fachendosamente un mozo fidalgo dos Marzoas de Filgueira.

Viña traxeado a estilo de Provenza, onde estivera algún tempo á

volta dun viaxe á Terra Santa. Tiña sona de trobador moi sabido. Un

movimento de curiosidade e de admiración espertouse entre os presentes.

Comenzou a cantiga de amor o fidalgo Marzoa 186 . Adiviñábase

que tiña grande costume de o facer e que a cantiga non era tirada da súa

cabeza. Remarcaba os versos con movimentos e acenos apasionados

ou tristes, según fose o sentido deles, e, según Martís, lembraba os trobadores

estranxeiros, que algunhas veces viñan a trovar no Castelo de

Andrade, de camiño que iban de peligrinación a Compostela. Mais a

cantiga estaba feita na lingua de Castela, e nin os verbes, que non se

entendían, nin o son do verso, entraban na alma dos que o escoitaban.

Naqueles tempos os desidores trobaban en gallego, lingua que

lograra unha grande perfeición para a gaya sciencia. Martis e mailo

Conde, tomaron como un aldraxe que na súa nobre presencia se cantara

nunha fala estrana que tamén falaban os mouros e xudaizantes. Doña

Sancha dixo ó capelan que non era do seu agrado a cantiga de Marzoa.

Tocoulle a vez a Minia, unha doncela da familia dos Freires de

Mondego. Vestía de mariñana, cuberto o seu feituquiño corpo con

finos encaixes de Lorbé 187 , que lle donara o seu nobre parente don

Xácome Pardo de Andrade. Tiña a loura cabeleira peiteada en dúas

longas trenzas, misturadas con fíos de brilante ouro, como se estilaba

185

Apelido galego que ten as súas orixes en Lubre (Bergondo).

186

Apelido galego que ten a súa orixe no topónimo do mesmo nome, en Oroso.

187

Aldea da parroquia de Dexo (Oleiros), situada a 7 km. da capital.

180

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!