15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

cando faleceu Concepción Orta e Iglesias, feito que provocou unha

fonda dor e depresión no noso autor, que o situaría ao borde do suicidio.

Tal e como puidemos observar na súa tumba, no cemiterio coruñés

de San Amaro, figura a seguinte inscrición asinada por Lugrís:

“¡Conchita! La muerte no impide que vivas en mi corazón”. Literariamente,

esta muller mereceu a sentida dedicatoria do segundo volume

poético do seu marido, Noitebras 34 , que reproducimos de seguido:

En lembranza da miña esposa Dona Concepción Orta

e Iglesias, cuyo recordo henche o meu corazón e cuyo espíritu

santo e puro alenta sempre nos meus agarimosos pensamentos

Ademais dos dez poemas nos que a presenza da muller está

latente, quer evocada directamente, quer intuída no profundo pesimismo

que envolve os versos, inclúe outros once cun claro contido

social, de chamamento á unidade e á loita, ademais de reminiscencias

míticas evocadoras do glorioso pasado da patria galega. Como recoñece

Carballo Calero 35 , nótase unha evolución en Lugrís cara a un

estilo “máis moderno”, unha lingua “máis culta” e unha versificación

“máis segura”.

Sería pouco tempo despois cando o corazón de Lugrís atopa o

acougo necesario, esta vez ao lado da coruñesa Pura González Varela,

dez anos máis nova que el e nai dos seus cinco fillos: Manuel,

Secundino, Mª do Pilar, Urbano e Pura, e coa que compartiría o resto

da súa vida.

Ao pouco de chegar a Galiza e despois de se instalar na Coruña,

cidade que non abandonaría, comeza a relacionarse coa intelectualidade

herculina, en especial coa galeguista. Participa no faladoiro que

Celso García de la Riega bautizara co despectivo nome de “Cova Céltica”

e coincide alí con Murguía, Florencio Vaamonde Lores, Eduardo

Pondal, Uxío Carré Aldao, Andrés Martínez Salazar, Salvador Golpe,

Manuel Banet Fontenla, Eladio Rodríguez González, Galo Salinas,

Evaristo Martelo Paumán e, especialmente, con Francisco Tettamancy,

que vai ser o seu mellor amigo e que apadriñará un dos fillos.

34

A Coruña: Tipografía La Constancia, Librería Rexional de Eugenio Carré, 1901, 63 pp.

35

Historia da Literatura Galega Contemporánea, Vigo: Galaxia, 1981 (3ª ed.), p. 479.

18

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!