15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Xabier Campos Villar

¡ESQUENCEUSE! 179

Xa noutra ocasión téñovos contado a malladura, a verdadeira

“dislocación”, que levou aquel soldado que se alcumaba “Er Conquistaó”

180 , cando lle fixo as beiras á garrida e bulrona Sabela; e agora,

Dios diante, direivos outra fazaña do mesmo mozo, para quen non

había máis que dous homes valentes neste mundo: el e máis o que

ollase fite a fite os seus ollos de donosiña alritada.

Entrou o noso home nunha taberna da rúa de Cartuchos, en compaña

doutros dous soldados; e alí comenzou a falar de touros e mais

de toureiros, ¡Virxe do Carme, cousas as que el dixo de Galicia!

¡Reprimendas que ceibou por aquela boca porque aquí non había toureiros

nin touradas!

—Ostés no están civilizados, ni zaben lo que es bueno. Un paí

donde no ze zuerta un olé tu madre, ni ze zabe quien ha sío er divino

Cúchare, es un paí zarvage.

Un soldado que era do mesmo Curtiñán 181 , un deses barudos

mozos de poucas falas, díxolle estonces:

—Os homes non se miden pola afición que teñan ós cornos, con

perdón, nin os valentes polas algueiradas; que a forza non está na lingoa...

Os cans que máis ladran non son os que chantan os dentes... é

verdá, si señor...

A conversa foi subindo de torgo, e finaron por rifar. O andalús

prantouse fachendosamente diante do mozo de Cortiñán, tirou forte-

179

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 32, 28 de marzo de 1908, p. 6. Reproducido na edición

de 1909 e posteriores.

180

Personaxe protagonista do conto titulado “O carneiro”, incluído nesta edición.

181

Freguesía anexa a Vixoi, no concello de Bergondo, situada a 3,6 km. da capital

do concello.

177

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!