15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

O CARNEIRO 176

¿Soñástedes na vosa vida cousa máis feiticeira que a moza que o

meu bon amigo e compañeiro Carré 177 presenta no seu conto Idilio 178 ,

esquirto nun gallego que sabe a mel ¿Non fai cóchegas no corazón se

pechámo–los ollos e damos vida no pensamento a aquela mociña sergudeña

Pois por estas, que son de carne e que a terra ten de comere,

xúrovos que a rapaza do meu conto empatáballe polo xeitosa e solermiña.

Ademais era bulrona e mais graciosa nos seus falares, e por ela

bebían os ventos máis dunha ducia de varudos mariñás.

Aló polo ano 72 —ano de negra fame— foi pola Mariña unha

compañía de tropa pra axudar á cobranza dos trabucos, procedimento

que certamente merecía a aprobación e aprauso dalgún Morote dos

boletís centralistas.

Entre daqueles soldados había un nascido no mesmo Cádiz. Chamábase

Rafael Jiménez, e por alcume El Conquistador. Decía el, a

quen o quixera ouír, que non facía máis que presentarse diante dunha

moza, aloumiñala cos seus ollos mouros e cativos coma os dunha

donosiña, decirlle un par de olés, e aquela moza esmorecíase de contado

polos anacos salados do terrible conqueridor.

176

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 27, 19 de febreiro de 1908, pp. 5–6. Reproducido en libro

en todas as edicións a partir da de 1909.

177

Refírese a Uxío Carré Aldao (1859–1932) escritor, historiador, bibliófilo e erudito. Foi

propietario da Librería Regional, local que acolleu a Cova Céltica. Ocupou o cargo de

Secretario da Real Academia Galega dende a súa fundación ata 1918. Entre as súas obras

salientan: Brétemas. Prosa e verso (1896), Rayolas. Prosa e verso (1898), Contos da forxa

(1919), A terra chama na colección Lar. A súa máis importante contribución á nosa

literatura foi Literatura Gallega (1903), obra revisada e ampliada no 1911, que segue a

ser de obrigada consulta para os estudosos da produción literaria galega do século XIX.

178

Publicado por primeira vez no Almanaque Gallego de Buenos Aires, no 1901.

175

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!