15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

OS TRES SOLDADOS 174

Padecemos nesta bendita terra un verdadeiro andacio de filólogos

que mesmo nos trai revolta a pacencia, e como as Américas

sempre foron boas pra desarrollárense nelas as eivaduras do

entendimento, é moito o mal que naqueles “sabios de exportación”

fai a dita enfermedade.

Coas caídas e subidas de consoantes, cos seus latinorios que

ceiban a como lles cadra, e meténdose na horta da nosa literatura,

escouceando fortemente, con perdón dos burros, amocaron canto

poideron ó próximo, e poida que aínda nos sigan amocando pra mal

dos nosos pecados, que non hai nada máis terco que un filólogo americano

con ou sin tricornio.

Con decirvos, meus quiridos lectores —se é que teño algún—

que un deses sabios nos dixo que en gallego debía de decirse contingo,

consingo, detrais, etc., en vez de contigo, consigo, detrás

como falan os cristianos ben nascidos; de que negou que as palabras

meiga e abafar fosen gallegas... tereivos dito dabondo para que vos

deades conta dos novos peixes. Asi é que cando vexo pola proa un

filólogo, viro a nordeste e bótome a tembrar como se tivera nas mans

un decreto de Xan Franco.

Pois agora veredes como a filoloxía invadeu tamén o cuartel de

Alfonso XII nesta meiga vila da Cruña.

Un soldado andalús, deses que semellan que se merendan as

asaúras de calisquera, paseábase fai poucos días por un sobrado

do cuartel. Tiña necesidade de lle escribir a un amigo seu que

174

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 26, 12 de febreiro de 1908, p. 5. Incluído na edición de

1909 e nas posteriores.

171

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!