15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Xabier Campos Villar

Lugrís e admirado pola tarefa divulgativa e dignificadora da lingua,

cultura e historia de Galiza, emprendida por este na Habana. Neste

prólogo alude ás ocupacións profesionais do autor, “las cuales le

roban catorce horas cada día”. Despois de cualificar a poesía de necesaria,

bela e ideal, refírese Curros a algúns defectos que atopa nos poemas,

e que xustifica porque Lugrís “tiene que vivir alejado del arte por

imposiciones incontrastables de su profesión” e tamén porque “nuestro

idioma no ha llegado á fijar su vocabulario”. Finalmente, salienta

o poeta de Celanova que nos atopamos na fase de “recojer materiales”

cos que será posible erguer o grande edificio da nosa literatura. O

volume está dedicado “Á santa memoria de miña Nai, y-â Sociedade

de Beneficencia dos naturales de Galicia na Habana, nai agarimosa de

tódolos gallegos infertunados”.

A relación con Curros iría máis alá do mencionado prólogo. De

feito, o autor de Aires da miña terra é motivo de inspiración dalgún dos

relatos que incluímos nesta edición. Neste mesmo ano de 1894, foi precisamente

Lugrís un dos organizadores da homenaxe a Curros Enríquez

que se celebrou na Habana e que se narra en “A labor do poeta” 31 ,

proba dunha amizade que xa viña, segundo nos informou Manuel

Lugrís Rodríguez, dos encontros que ambos mantiñan nun faladoiro

que se reunía no Malecón da Habana, nun local comercial rexentado

por un chinés, e que servía como lazo da intelectualidade galeguista

antes da construción do Centro Gallego. Tamén no relato titulado

“Lamáchegas” 32 está presente a figura do poeta de Celanova.

Retorna Lugrís Freire a Galiza o ano 1896 coa súa primeira

muller, a cubana Conchita Orta, da que demostra estar profundamente

namorado e que marcaría parte da súa obra. Froito deste matrimonio

nace unha única filla, Socorro Lugrís Orta, que exercería como

mestra nacional en Sobrado ata o seu pasamento en 1957 33 . Aínda que

descoñecemos a data exacta, foi nestes derradeiros anos da centuria

31

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 31, 21 de marzo de 1908, p. 5.

32

Ibidem, nº 35, 23 de abril de 1908, pp. 5–6.

33

Está soterrada no cemiterio de San Amaro, o mesmo que os pais. O noso informante,

Manuel Lugrís neto, aínda conserva viva a memoria da súa tía, á que ten visitado en

numerosas ocasións e coa que ten pasado temporadas en Sobrado.

17

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!