15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

BOA RESPOSTA 171

¿Que se tiña mal xenio o zapateiro Xacobe Abonde con decirvos

que cando non estaba na casa a súa muller, na que mallaba como

en liño verde, rifaba con tódolos que se paraban a ollar as muestras

da súa vidreira, con calquera viaxante que non lle caera ben, cunha

cotorra que tiña en frente a viúda dun capador, e, ás derradeiras, consigo

mesmo.

Ademais de tere sona de bon zapateiro, tiña moito nome polo

seu talento e agudeza; que para si quixera algún morno revisteiro

que firma cun nome que comenza con Xarreta, que é un peixe coma

outro calquera.

Frente da casa do noso zapateiro —maestro lle chamaban todos

por medo a que lles esnafrase coa pata de cabra— vivía un andalús

que se adicaba ó proveitoso oficio de contratista de consumos, un

deses homes para quen un par de cornos, con perdón das caras máis

vellas que me lean, sobre todo se eran cornos dun boi morto por un

toureiro, era o regalo máis grande que lle podían facere; e que, como

en Galicia non ven esa afición polo arte de Cúchares 172 , senten por nós

ese santo desprecio que os mouros teñen polos dexenerados ingreses,

que non teñen tampouco sangre toureira.

—Oiga ozté, maestro, —decíalle un día o andalús— tengo necesidá

de que me jaga unas botas grasiosas y de buen andar.

—Home, eu penso facerllas coma para un home compreto.

171

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 23, 19 de xaneiro de 1908, pp. 5–6. Foi reproducido ese

mesmo ano en Mondoñedo e incluído en todas as edicións en libro a partir de 1909.

172

Alcume de Francisco Arjona Herrera (Madrid, 1918 – A Habana, 1868), célebre toureiro

moi coñecido na súa época pola capacidade para atraer ao público.

169

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!