15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

Un mariñeiro da tripulación perguntoulle a outro:

—¡Ei ti, Carrizo! ¿que quer dicir eso de fillos de Satán

—Home, eu teño para min que é un aldraxe para nós; como se

nos dixeran fillos de...

—¡Mala sentella os coma...!

E a longas zancadas foi onda o músico, arrincoulle das mans o

acordeón, que tirou ó mar con tódalas forzas que tiña. Como o estormento

levaba collida unha tecla, foi xemendo polo aire como se lle

arrincaran unha moa, e esmendrellouse nas augas.

¡Virxe do Carme, a que alí se armou! Ao viaxante Miguel, no

medio dalquel rebumbio, arrempuxárono e quedou guindado na

barandilla cos pés asolagados no mar, e tiveron que metelo dentro

como se fora pesca maior.

Chegaron ó muelle de Vigo. Máis de duascentas regateiras do

Berbés, cos mandiles recollidos e cheos de pedras, baduaban en terra

ollando para o vapor.

O viaxante colleu as dúas maletas, a da roupa e a da folla de lata;

e aínda non afincara os pés en terra, en compaña da catalana, deron as

regateiras un resoante ¡Viva la Virgen! e comenzaron a chover sobre del

coios a vao. Ceibou as maletas enriba do muro, e meteuse outra vez no

vapor, agachándose para que o defendera a obra morta. A catalana fixo

o mesmo poñéndose a catro patas, para máis seguranza. A condanada

chuvia dos croios seguía zombando no costado do barco, namentras en

terra berraban aquelas boas mulleres cun torgo dino de mellor causa:

—¡Abaixo os protestantes! ¡Viva la Virgen!

Unha regateira, alritada e descomposta coma unha lurpia, colleu

a maleta da roupa, esgazouna e tirouna no mar, escupindo despois

como se fose cousa abafada; fixo o mesmo coa das muestras, e dixo:

—Velaí van os libros herexes... ¡malo mar os trague!

A guardia municipal veu a poñer orde nas desaforadas mulleres,

e, despois de grande traballo, desembarcou o viaxante entre unha fileira

de regateiras que o miraban feramente, dicíndolle: —¡Galopín, larpeiro,

protestante, xa te comerán os demos do inferno!

167

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!