15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

—Verás que ben che sabe.

—Pois daquela, coa súa licencia comenzarei.

E Antón colleu o coitelo e rabanou unha terceira parte do queixo,

que comeu sin respirar e sin probar frangulla de pan. Botou despois

un groulo de viño, e cortou outra rabanada que deixou tembrando

o queixo.

—Inda estoupes coma unha bolerca —decía para o seu xustillo

Micaela vendo que non quedaría un anaco siquera.

—Amigo Antón, —díxolle daquela don Pedro— vexo que che

gusta o queixo, e alégrome moito, porque descomasí, para eso o merquei.

Mais teño que decirche unha cousa en proveito teu, e dispensa.

Este queixo vén daló, de terra estranxeira, envolto nun papel que recomenda

moito que se coma sin degoramento; quer dicir, que cada persona

non coma dunha ves máis de catro onzas de peso...

—¿E se come máis, que lle socede —perguntou Antón.

—Direiche, se come máis de catro onzas, ponse mudo; e se farta,

coma ti estás facendo, perde a fala.

—¿Que me di señor ¡Benia a nai que o pareu! téñolle unha

muller que parece que ten entre peito e espaldra media ducia de saca

moas, ou un fontógrafo con corno e todo, dos que vende un imprentador

da calle Real da Cruña. Algunhas veces éntranme ganas de esmendrellala

dun fungueirazo, porque tanto lle dá á lengua que mesmo me

fai esquencer de que son un home. Xa lle pidín ó médico do aiuntamento

que me dera unha meiciña que a sanara... e nada logrei. Vosté

é un ánxel para min, dicíndome a virtú deste queixo, que Dios bendiga;

e polo mesmo, con licencia, levarei o que queda para que a miña

muller o coma dunha vez, e perda dese xeito o condanado costume de

falar, que tanto me fai adoecer...

E gardou no peto da chaqueta o codelo de queixo que aínda quedaba

enriba da mesa.

164

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!