15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

—Aquí non hai ningún Lamela; vosté trabucouse de casa.

—Non, señor; acórdome ben que foi aquí onde quedei a deber os

dous pesos.

Volveu o tendeiro a ollar de novo o índice.

—Pois non, aquí non figura ningún Francisco Lamela. ¡A non

ser que o meu fillo máis vello fose o que se entendeu con vosté, e se

teña esquencido!...

—Eso é, si señor; era o seu fillo quen me despachou estonces. Eu

son home leal e honrado, debo dous pesos a esta casa, e a miña concencia

mándame pagar. Aquí ten o diñeiro.

—Bueno, home, bueno. Vexo que aínda hai homes de ben no

mundo; —e colleu os dous pesos que lle daba o lacazán de Xan do

Couto—. E agora ¿non merca algo, señor Lamela

—Eu de boa gana levaba un traxe feito, destos que ten de mostra

na vidreira; pero como han de ser moi caros, contentareime con

encargalo ó xastre do meu pueblo.

—Non, home, non; eses traxes son a sete pesos. Próbese un, e se

lle cai ben, pode levalo; que o home que paga da maneira que vosté

me pagou, ten creto en calquera lado.

E Xan do Couto visteuse un traxe, que lle estaba que nin pintado;

envolveu o vello nun boletín, e despois o tendeiro abreu o libro e

apuntou a venta. Andivo buscando un papel secante pra que non se lle

emborrallase o escrito, e non o atopou; buscou a salvadeira, e tampouco

tiña area.

—¿Seique non atopa con que seca–la tinta —dixo Antón con

sorna raposeira— pois daquela bótelle terra, señor.

E o tendeiro rabuñou no chan e botoulle terra á anotación de

Lamela... a quen non volveu a verlle o pelo...

162

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!