15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

¡BÓTELLE TERRA! 166

Xan do Couto tiña sona de lampantín e de zaramalleiro, e abofé

que vos era merecente dela.

Entre da xente que non o conocía dábase tal fachenda que mesmo

somellaba que era fillo dun vinculeiro mariñán.

Unha vez, estando cerca o día da festa de Santa María, patrona

da vila, Xan do Couto decatouse de que non tiña roupa nova para pampear

nos bailes da praza maor pola tarde, e pola noite nos que se daban

no salón do Pedregal, onde un piano con veo era un encantamento que

engaiolaba a tódolos mozos do concello.

Non lle quedaban, pois, máis que corenta reás, e con tan pouco

diñeiro non podía adequirir o que lle facía tanta falta; mais con ese diñeiro

púxose camiño da Cruña disposto a non tornar sin o traxe cobizado.

Nunha rúa, da que agora non me lembro, había unha tenda, na

que, ademais de facérense traxes a medida, tíñanos xa feitos para a

venta, deses que chaman de refacción.

—Moi boas tardes —dixo Xan entrando no establecimento.

—Moi boas, —respondeulle o tendeiro— ¿que precisa, paisano

—Nada, señor; veño a pagar unha deuda.

—¿E como é o seu nome

—Francisco Lamela, para servir a Dios e a vosté —dixo Xan

do Couto.

O tendeiro buscou aquel nome no índice do libro maior, onde

tiña as contas dos deudores, e dixo:

166

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 22, 12 de xaneiro de 1908, pp. 5–6, e nese mesmo ano

reproducido en Mondoñedo. Foi incluído en todas as edicións a partir de 1909.

161

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!