15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

Quixo ser de puntería

e nunca branco facía 25 .

O xenio bravo que ten

sempre o trae como aquí o ven 26 .

Como cuase nunca vía

sempre unha vela encendía.

Pra poder ver mellor

ten lentes de Nueva York.

Como non é un home ledo

o señalan con un dedo.

Péchase esta crítica coa afirmación: “Hase de continuar, ¡ind’ así

eu medre!” en clara alusión ao pseudónimo máis empregado por

Manuel Lugrís Freire. Polo ben do noso autor, ese desexo de G. Sús

non chegou a cumprirse e A Gaita Gallega publicou o derradeiro

número o 30 de setembro de 1889 27 , despois de que as sinaturas máis

críticas co autor de Sada fosen desaparecendo pouco a pouco.

Estes últimos anos da década dos oitenta supoñen para Lugrís varios

cambios de traballo, xa que no 1888 comeza na casa de “Hermanos González

y Cía” 28 e dous anos máis tarde pasa á empresa “Urisandi Álvarez”.

Haberá que agardar ata 1894 para que Lugrís vexa publicada a

súa primeira obra poética. Trátase de Soidades (versos en gallego) 29 ,

un volume formado por vinte e oito poemas, algúns xa publicados na

prensa, entre eles o titulado “Presentimentos”, que orixinara a polémica

á que nos referiamos en páxinas anteriores, un “Aditamento en

prosa”, que inclúe o texto “Os primeiros versos”, reproducido nesta

edición, e o artigo “A fala gallega”, publicada con anterioridade, por

entregas, n’A Gaita Gallega.

A obra está introducida por Manuel Curros Enríquez cunha

“Carta prólogo” 30 , na que se amosa sorprendido pola vea creativa de

26

Pé dunha imaxe que representa a dous galos en plena pelexa.

27

A Gaita Gallega, Tocata 3º da Ruada 2º.

28

Pillado, Op. cit, p. 13.

29

A Habana: Imprenta do Avisador Comercial, Amargura 30, 1894, 129 pp.

30

Asinada na Habana o 28 de xuño de 1894.

16

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!