15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Xabier Campos Villar

sinteu un barullo na rúa como si a vila estivera en revoluición. Abreu a

ventana: fóra estaban os colonos rodeados de un fato de criaturas.

—¡Don Visente! ¡don Visente! —berrou un dos labregos— non

tornamos á illa inda que adoezamos coa fame. Agora xa non se trata

de conexos, nin de gatos, nin de cousa semellante. Non hai solimán

que poida remedia–la nosa disgracia. ¿Non repara, don Visente

¡Estamos inzados de fillos! Naquela terra nacen do mesmo xeito que

os sapos cando cai orballo de tronada. ¡Mala sentella coma illa!...

¡Eia! que non tornamos, inda que nos esfolen vivos.

E non volveron mais á illa.

—¡Demontre! —dixen eu de estonces— a cousa era seria.

—Pero aínda non arremata aquí o conto, señor Asieumedre.

Despois desto o goberno puxo un faro en Sálvora. Inaugurouno un

vizcaíno, de setenta e cinco invernos ben cumpridos, que levaba

máis de vinte anos de casado cunha muller que pesaba como catro

amas ben mantidas, con perdón. Aos dez meses de estaren na illa,

pareu a muller...

—¿Neno ou nena

—As dúas cousas, señor, macho e femia coma dous soles. Dendes

daquela as xentes din que en Sálvora hai un demo maliño e criador...

¿Vosté rise Eu teño nove fillos, e a culpa está en que dendes da

miña casa vese a illa. Xa pechei a ventana que da ó mar, pero a miña

dona debe mirar algunhas veces para esa terra milagreira...

159

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!