15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

A ILLA MILAGREIRA 164

A dorna, que naquela mañán de primaveira, tiña que levarme á

illa de Arosa, foise pouco a pouco enchendo de mulleres, mozas e

vellas, que traían os foles (sacos) cheos de trigo mundo.

Levouse o risón, izouse a cuadrada vela e puxémonos camiño

de Arosa.

—¡Sálvora á vista!— berrou o vello patrón cando íbamos pola

mitá do camiño.

E tódalas mulleres mozas, solteiras ou casadas, puxeron a man

enriba da barriga e moularon unha oración.

—¿Que terá que ver, —pensei para en contra min— a illa de

Sálvora 165 coas barrigas destas mociñas E cavilando nesto desembarquei

no areal do sul, frente da vila de San Xulián, e dirixinme á

fábrica de Goday.

Alí fixen amistá cun vello mariñeiro.

—¡Vosté!, —díxenlle— xa levará moito tempo aquí.

—¿Moito tempo ¡Recontra!... dendes que nacín. Cando a guerra

de África xa servía eu ó rei na Berenguela...

—E dígame, meu vello... e dispense. Cando pasan as dornas

frente de Sálvora ¿por que as mulleres mozas poñen a man sobre

da barriga

—Xa non é o primeiro que mo pregunta, recontra. Se ten vagar

e me quer ouír contareille unha historia.

164

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 8, 26 de setembro de 1907, p. 4. Só foi incluído na edición

de 1909.

165

Illa que está na ría de Arousa, ao oeste da península de O Grove. Ten 15 km 2 e pertence

administrativamente á parroquia de Aguiño, no concello de Ribeira.

157

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!