15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

ENTRE COMPAÑEIROS 162

O médico don Cándido mercara un porco na feira do primeiro de

Betanzos. Aos poucos días enfermóuselle o animaliño, e veuse na

necesidá de chamar a un albéitar, ou “ciruxano das bestas”, como din

os viciños de Miodelo 163 .

—Chameino, —díxolle don Cándido— porque é unha lástima

que un animal coma este morra sin o ausilio da ciencia.

O albéitar señor Mingos, que así se chamaba, comprendeu que

nas derradeiras palabras do médico había unha intención bulrona, e

respondeulle:

—Está ben, señor don Cándido, está ben: cada un fai o que

pode. Menos mal que a miña cencia é dabondo para sana–los porcos,

con perdón... Direille, se me dá licencia, que como estos animaliños

non falan, é máis dificil do que moitos pensan adiviñar o

mal e facer un diagnóstico... ¡Ah, se eles falaran... a cousa non tería

moita cencia!...

Co esta indireuta quedou ben cobrado o señor Mingos.

Comenzou, pois, a cura do porco, que non tardou sete días en

estare máis rufo que un cacique fóra a ialma, se é que estes animás

dañinos a teñen, que hai moitos que o dudan.

—Señor don Cándido, o porco xa está sanado, e polo mesmo non

volvo máis por aquí.

—¿E que enfermedá tiña

162

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 39, 19 de maio de 1908, p. 6. Ese mesmo ano foi reproducido

en Mondoñedo e un ano máis tarde no nº 41 de Aires d’a miña terra. Incluído en

libro na edición de 1909 e nas posteriores.

163

Aldea de Bergondo situada a 0,8 km. da capital municipal.

155

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!