15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

PEROXA —Abofé como vosté é un home de ben, feito e dereito.

Ten lástima dos probes “que vivimos do noso traballo”, (con sorna),

e ten sabidencia como se levara dentro do peito sete mestres de

escola... ¿E non ha de tere ¡Avomaría! Pero se me dá licencia, e non

mo leva a mal, e me perdoa e dispensa... direille que o can... o can...

non era o do señor boticario.

DON PEDRO (erguéndose) —¿E logo

PEROXA (silabeando) —“Vosté ten moita vergonza e amor

polo próximo”. O can... o can...

DON PEDRO —A ver se pare dunha vez.

PEROXA —Meigas fóra señor, que non teño porqué. O can

era... de vosté.

DON PEDRO —¿Meu

PEROXA —Teño sete testigos.

DON PEDRO —¿E que quere

PEROXA —Os corenta reás.

DON PEDRO —Xiringácheme. (Abre un caixón da mesa, e

dálle dous pesos).

PEROXA —Vaia todo pola alma dos seus avós. Agora, con

licencia, ireime... (Diríxese á porta da escaleira).

DON PEDRO —¡Ei! ¡Ei! Aínda non finou o conto, miña amiga.

O can escachou os cacharros... eu paguei... ¿né certo Pero agora teño

que cobrarlle a consulta.

PEROXA —¡A consulta!

DON PEDRO —Nin máis nin menos. “Cada un vive do seu

traballo”. Vosté non se vai daquí sin pagarme corenta reás, como

corenta soles, pola consulta. ¡Ea! ¡Veñan eses cartos! (En actitú

fera).

PEROXA —Señor... acougue... non se alrite. ¡Xexús! ¡Avomaría!

Tome... e que lle sirvan para catro casqueiros... (Devolve os

dous pesos).

DON PEDRO —Agora quedamos pagados.

153

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!