15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

DON PEDRO —Si, algo oín. ¿Rompéuselle moito

PEROXA —Sete olas, catorce cubiletes, tres petos, vinte tarteiras

e máis de dúas ducias de cuncas vidradas. Con corenta reás non se

me paga a perda.

DON PEDRO —¿E quen llas rompeu

PEROXA —O can do señor... boticario, que mesmo me colleu

tema e que coido que debe ter catro demos dentro do corpo. Entrou no

meu establecimento, comenzou a brincar coma un cabrito tolo, e canto

máis quixen escorrentalo máis pezas me escachou.

DON PEDRO —¿E que teño eu que ver co can do boticario, cos

demos que leve dentro nin cos pucheiros escachados

PEROXA —Entendido, don Pedro. Vosté nada ten que ver co

can, con perdón; e co señor boticario, tampouco, inda que se leva co

el como o can e mailo gato. Pero eu veño a facerlle a consulta de se

eu teño direito ou non a cobrar do señor boticario os cacharros que me

rompeu o can.

DON PEDRO (alegrándose) —¿E ten testigos do feito

PEROXA —¡E non hei de tere! Sete cristianos que o viron, e que

son capaces de xuralo diante das barbas dun tronante.

DON PEDRO —¿Pois daquela, que duda ten Os amos responden

sempre das averías dos seus animales.

PEROXA —¡Xa mo parecía a min!

DON PEDRO —¿E canto importan os cacharros

PEROXA —Pois direille... (Botando a conta polos dedos).

Corenta reás.. xustos... sin que eu leve de máis nin un carto... que a

legal non me gana ninguén. Pero, señor... ¿vosté coida que o boticario

pagará

DON PEDRO (con seriedade) —O señor boticario, como tódolos

homes que teñen vergonza e amor polo próximo, non poden negarse

a pagar esas pesetas a unha pobre como vosté. Quen gusta de ter

animás ceibos polas rúas ten que sufri–las consecuencias. Xa ve... eu

tamén teño un can, que non o deixo saír da horta....

152

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!