15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Xabier Campos Villar

IR POR LAN 159

(Don Pedro, que é un avogado de verdade polo estudio e un avogado

das silveiras pola retranca, está sentado buceando no Código

Civil. Fóra, na rúa, síntense gritos descompostos dunha muller).

DON PEDRO —Outra vez escandaliza esa condenada de Peroxa.

Para vender un pucheiro fala máis que Moret 160 e berra como se na

gorxa tivera un cornetín de pistón. Onte escachoulle unha ola nos mesmos

fuciños a un paisano de Veigue 161 porque lle chamou doncella; e

o municipal Cachiñas tenlle máis medo que a un can doente.

PEROXA (entrando) —Santas e boas tardes.

DON PEDRO —Santas e boas. Alégrome que veña por aquí para

decirlle que me faga o favor de non escandalizar máis...

PEROXA —Vaia, señor, non se enfurruñe, que abofé non lle

senta ben.

DON PEDRO —Déixese de leria, e dígame axiña o que a trai

por aquí.

PEROXA —Pero logo... ¿non oíu Pasoume unha disgracia moi

grande. O meu establecimento esmendrellouse de todo.

159

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 5, 4 de setembro de 1907. Neste mesmo ano tamén foi

reproducido en Follas Novas, periódico regional. Non figura baixo o antetítulo “A carón

do lar”. Foi incluído na edición de 1909 e reproducido en todas as posteriores.

160

É posible que se refira a Segismundo Moret y Prendergast (Cádiz, 2 de xuño de 1838

– Madrid, 28 de xaneiro de 1913). Foi un político, orador e xurisconsulto que, unha vez

elexido deputado, ocupou diversas carteiras ministeriais; Ultramar, Facenda, Estado,

Fomento, etc. Destacou pola súa capacidade oratoria e pola riqueza e beleza formal dos

seus discursos, foi considerado o herdeiro de Sagasta entre os liberais.

161

Santa Comba de Veigue é unha freguesía anexa a Santa María de Dexo, no concello de

Sada. Limita polo norte coa ría de Betanzos, polo sur con Mondego, polo leste con Carnoedo

e polo oeste con Maianca e Serantes.

151

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!