15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

para o noso contentamento e solaz. A cabeleira de Licia, da cor do

ouro fino, encrenchada como a dunha santiña, os seus ollos azús, a súa

cor branca coma a neve; as súas meixelas que parecen follas de rosa

vermella a medio tinxire... ¿Non che parecen bonitas, non a fan verdadeiramente

feiticeira, non lle dan semellanza coa mesma virxe Eu

digo que me teñen ameigado os seus dicires, a súa melosiña fala, fala

das fadas, que ten nos seus labios a dozura do mel, a música dos ceos,

os esmorecimentos do amor. ¿E cando polo serán entoa o alalalaa

¿Quen pode soñar cántiga máis branda, fonda e sentida Non che

pareza mal, amigo Toribio. Ti estás botado a perder, cando desa

maneira te esquences das condiciós que teñen as nosas quiridas nais,

que levan dentro o santo espíritu de Licia. Eu teño para min que non

é certo de que a queiras, que inda que tivese algún defecto debíache

de ser agradabre, pois o amor é un sol que dá fermosura a todo aquelo

que o corazón agarima querendosamente.

Neste momento Licia cortou unha das frores máis garrida e roxa,

e subíndose a un asentadeiro que había a carón da muralla, guindouna

entre dos dous mozos. Estes quedaron atónetos ó ve–lo lindo rostro

de Licia, ridente coma unha aurora que asomaba por entre das froridas

enredadeiras.

—¿Para quen é esta fror —preguntaron os dous mozos.

—Para ti, meu querido Pauliños; para ti, que me queres tal coma

eu son. Ti serás o meu compañeiro, o amado eterno do meu corazón,

o dono do meu porvir.

149

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!