15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

Detrás da muralla sinteu que parolaban dous mozos. Ollou: eran

Paulos e mais Toribio que estaban sentados no pequeno cómaro da

beira do camiño.

—Paulos, ¿ti seique lle fas o amor a Licia

—Home, eu nada lle dixen aínda en verbe de amor.

—Pero, gustar, gústache.

—Si, gústame, amigo Toribio; e teño para min que ti tamén

bebe–los ventos por ela.

—Non teño por qué negalo. Como Licia non pode partirse en

dúas, propoño que debemos consulta–la súa opinión para ver por

quen se decide. Loitar entre nós, que nos levamos como irmás, non

sería bon.

—Pensas ben, Toribio.

Quedaron calados un momentiño. O corazón de Licia latexaba

fortemente, e púxose a ouzar con máis cobiza.

—Licia é unha moza garrida, xeitosa e modosiña. Na terra non

hai outra como ela, amigo Toribio.

—Modosiña, non digo que non, pero garrida... outras hai máis

que ela, —respondeu Toribio—. Abofé como é unha lástima, dígocho

con franqueza, que non tivera a cabeleira e mailos ollos negros. Caeríanlle

mellor. Estas mulleres como Licia son boas para relembra–las

monecas alemás e para que lles boten copras nas regueifas do señor

Marqués. Tampouco me agrada que fale sempre en gallego, nin lles

encontro gracia ás cántigas que entoa pola mañán, ou cando se pon o

sol. ¡Canto máis bonitas non son aquelas outras cántigas que veñen de

fóra, así como Tenjo dos lunares... El Morronjo, ou as que canta miña

curmán, que está de tecedeira na Cruña, que mesmo asomella que está

un en Cais, en Málaga ou na mesma Triana cuasemente. Polo demais,

reconozo que é xeitosa e modosiña; quéroa moito e non permito a ninguén

que me diga que a quere máis do que eu a quero.

—Non rifaremos por eso, amigo Toribio que despois de todo ela

ha de escoller. Direiche, si, que ti non tes ollos para vere, nin ouvidos,

nin corazón para quere–las obras da feitura máis linda que Dios cría

148

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!