15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

O MELLOR AMANTE 157

Licia era unha moza fidalga, de moi nobre orixe, que vivía en

compaña dunha vella criada, no pazo de Armuño, no fondo do ridente

val que morre nos acantilados e limpas ribeiras da ría de Sada.

Dous mozos da freguesía de Lubre 158 , nomeados Paulos e Toribio,

facíanlle o amor.

Licia, que tiña necesidade de se casar porque os bes que herdara

de seus pais percisaban do esforzo e coidados dun home, non sabía cal

dos dous lle conviña mellor.

—Eu vírome tola, —decíalle á vella criada— cavilando con

quen teño de acetar relaciós.

—Xa que os dous son homes de ben —respondeulle a vella—

quen máis te quixer debe se–lo preferido.

—¡Canté! —escramou a feiticeira Licia— pero ¿quen pode adiviñar

verdadeiramente os seus íntimos pensamentos

—Tes razón, Liciña, tes razón. Dios alumee a túa intelixencia e

guíe os teus pasos nesta cuestión que moito importa para o teu porvir.

Na graciosa cabeciña de Licia daba máis voltas que un sarillo

esta pregunta: “¿Quen me quere máis, Paulos ou Toribio”

Nunha sera morniña e queda do vran, foi, como adoitaba, a

rega–las frores que tiña nun pequeno e xeitoso xardín no fondal

da horta.

157

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 4, 25 de agosto de 1907, p. 2. Non figura baixo o antetítulo

“A carón do lar”. Só foi reproducido na edición de 1909.

158

Parroquia de Bergondo situada a 3 km. da capital do concello. Ten polo norte a Oucés

e Osedo, polo sur a Babío, polo leste a Oucés e Bergondo e polo oeste a Soñeiro.

147

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!