15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

UN ALDRAXE 155

Estevo de Casal era un mozo de pouco conocemento e dun xenio

coma unha malva. Abofé que non se facía memoria de que houbese

tido custión con ninguén.

Un amigo de Estevo, fillo do zoqueiro que se chamaba por mal

nome Cantorto, chegara naqueles días do servicio do rei. No cuartel,

entre doutras cousas de grande utilidade, adeprendera a misturar coa

nosa fala xiros e verbes castellanos que mesmamente daba noxo de oílos.

Unha tarde víronse os dous amigos na taberna de Gorecho, e non

se sabe cómo comenzou a riña; pero o caso foi que andaron a labazada

limpa. O amigo de Estevo saeu esmendrellado de ves.

O cura da freguesía, que tiña moito coidado de que a mocedade

vivira en paz, e pra que a custión non chegara a máis, chamou a Estevo

pra darlle unha reprimenda polo escándalo da taberna.

—Entra, Estevo, entra sin recelo, e séntate aquí, á beira da mesa.

—Moitas gracias, —dixo o mozo sentándose.

—Mandeite chamar para que me espriques qué diaño de mosca

che picou onte, que de tal xeito che fixo perde–lo bon sentido andando

a golpes cun amigo e compañeiro teu.

—Señor cura, xúrolle polo máis sagrado que o aldraxe non foi

para menos.

—Eu xa sei que eres mozo de bon xenio e de moito peso; mais

algunhas veces perde un a razón sin que se decate do porqué 156 .

155

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 15, 19 de novembro de 1907, p. 4. Reproducido en todas

as edicións a partir de 1909.

156

“Por qué” no orixinal.

145

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!