15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Xabier Campos Villar

—Atende, Lourenzo; os raposos son animales de moita sabidencia.

Búlranse sempre de tódalas pantermas e trebellos que se lles

poñan. Cando coidan que lles peligra o pelexo, fanse os mortos.

—Pero logo ¿que me aconsella

—O que teño aconsellado noutras ocasiós, sin que houbera viciño

que se guiara por min: ¡O escamento!

—¿E de que maneira

—Pois verás. Vaite ó monte de Lixandre, e pon unha trampa

de dentes diante da cova dun raposo. Como eles non conocen ese

mecanismo, caerá polo menos un. Cóllelo despois, esfólalo ben

esfoladiño, logo pono nun espeto e crávalo dereito no curuto do

monte. Os demais raposos entenderán a indireita, e fuxirán a lonxe

por medo ó escarmento.

Así se fixo. Unha mañán apareceu un raposo encravado nun

espeto. Os demais deberon de entender aquela razón, e mudaron

de tobo.

A virtú da pedra das agullas foi negada despois por todos. Tocáballe

quen quería, sin térenlle medo, e asta fixeron enriba dela certas

necesidades.

¡Xa sabedes de que maneira morren os vellos encantamentos, e

como se fan fuxir os raposos que gustan das vosas galiñas!

143

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!