15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

facer unha das súas; e non valía que se puxeran nos galiñeiros tarabelos

nin trancas; os conxanados ladrós dábanse unha maña que para

si quixeran algús dos caciques que, pra acabación da nosa pacencia,

siguen vivindo sobre dos nosos labregos.

Tantos raposos había, que xa coidaban que a pedra das agullas

tiña a mala virtú de crialos. O señor Chocos, un vello que aínda creía

na atracción da sirena e no encantamento da Covadanca, xuraba e perxuraba,

que aquel maldito croio tiña a culpa de todo.

—Mala sentella del sielo lo abrase: —dicía o señor Chocos cando

lle faltaba unha galiña;— ese croio vai se–la miña condenación.

Mailo caso era que os raposos aumentaban, e tiñan tal atrevimento,

que xa chegaban a pasearse pola praza da vila diante das mesmas

barbas do tío Andrés de Olaia, camareiro do divino San Roque, e

padriño de Sanamede, a quen o carpinteiro que o fixo púxolle nas

mans unha ristra de chourizos a medio encher.

Un día, Lourenzo da Chaburra un labrego que ben podemos

chamar anfibio porque tamén iba á rapeta, e que lía de corrido os

boletís no adro de Santa María, conferenciou coa valente e honrada

Pepa a Montañesa

—Señora Pepa —díxolle Lourenzo— os raposos ladrós inzan

esta terra e non nos deixan vivire.

—É certo, amigo Lourenzo, é certo. Xa fai tempo que eu me din

conta deso; pero estes viciños non se xuntan para nada, toda a forza se

lles vai pola boca, e os raposos andan pola vila como polo propio

monte, e levan trazas de facérense donos de todo.

—¿E logo ¿darémoslles unha batida

—É tempo perdido; os raposos e mailos conexos cando un pensa

que xa non queda ningún, volven a aparecer coma os sapos cando

cai orballo polo vran.

—¿E que me aconsella que faga pra que os raposos deixen en

paz as miñas galiñas

142

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!