15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

criollo do val de Yumurí. O condanado paxaro non calaba un momento:

—“Joaquín, dame la patica. —Cómo no salao. —Mulatica, dame

tu amol. —Esto es candela, viejito”. E outras cousas polo mesmo xeito

que eran unha ademiración.

En Samoedo causou un verdadeiro estomballamiento aquel

paxaro, que coidaban fose unha pega carrachenta ou unha cotovía

americana graduada de doutor.

—Xaquiniño, —decíalle agarimosamente a nai— vexo que vés

ben de aforros.

—Regular, miña nai; nada máis que regular.

—A min tes que me dicir a verdade. Por aí córrese que vas a

mercar a casa do habanero.

—Non penso polo de agora.

—Home non é mala finca.

—Non é mala, non señora; pero non teño o pensamento de

mete–lo meu capital neso.

—Bueno, ti saberás o que mellor che convén.

A vella sigueu tirando da lingua a Xaquín, con tal maña, que

este, ás derradeiras, díxolle:

—Miña nai, para que vexa a grande confianza que me merece,

voulle entregar tódolos meus aforros.

E dunha hucha, cuberta de follalata pintada, sacou a faltriqueira

que puxo nas mans da vella, quen, tembrando coma un vimbio, contou

diñeiro.

—¡Jasús! ¡Jasús, María y José! ¡Aquí non hai máis que cento

vinte reás! ¡Gandul, larpeiro, larchán, pampero!... ¡Mala centella te

fenda! ¡Aforrache seis pesos en seis anos!

—Pero, miña nai, acougue. Teña en conta que se chego a estar

na Habana cen mil anos, traeríalle cen mil pesos...

Pero o razonamento non convenceu á vella, que se puxo descomposta

e alritada. Colleu a Xaquín polo pescozo e deulle catro

zocazos na parte mais gorda, e dun rempuxón deitouno no medio e

medio do camiño. Despois colleu a gaiola do loro, e ceibouna con toda

a súa forza enriba do esmendrellado mozo; o loro berraba asustado:

140

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!