15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

—Eu non lle teño o gusto de conocer a ese señor... nin teño ouvido

del, nin sei a qué familia pertenece. O que lle podo asegurar, sin

medo a trabucarme, é que estou regando o xardín.

—Ben o vexo, meu amigo. Mais, non che pareza mal, Bastián.

Neptuno foi un dios, aló noutros tempos, que coidaba das augas.

—Pois éralle un dios papudo, señor, que agradezo moito ter noticias

del. Pero dígame, e dispense... ¿vosté sabe quen inventou a tinta

—Home... non...

—Pois eso sábello calquera mariñán inda que non teña ido á

escola. A tinta inventouna o calamar.

O Ministro largou un pouco amoscado porque comprendeu que

na resposta e pregunta de Bastián había un fondo de malquerencia.

A estes grandes señores, que queren ter decote asoballado o labrego,

non lles fai gracia de que se permitan tan siquera a libertá dunha resposta

que non sea filla do servilismo.

Máis tarde tornou polo xardín o Ministro.

—Bastián, estouche moi obrigado por terme dito quen foi o

inventor da tinta. Tes fama de home sabido, e hoxe demostráchelo ben,

¡abofé!

—Señor, cada un sabe o que sabe...

—Naturalmente, e veño outra vez, a poñer en proba o teu bon

sentido. Aténdeme pois. Se Dios quixera troca–la túa natureza dándoche

a escoller entre ser burro ou cabalo ¿que escollerías

Bastián quedou maxinativo diante da bulrona e desatenta

pergunta. Puxo ás carreiras en orde os seus pensamentos, e logo

respondeu:

—Eu rogaría a Dios que me fixera burro.

—¡Burro! ¿E por que

—Porque desa maneira podería chegar a ser Ministro.

138

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!