15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

VOLVE POR OUTRA 148

¡Que ben coidaba Bastián o xardín do pazo dos señores de

Armuño 149 ! Non había en tres légoas á redonda hortelán que mellor

soupera o seu oficio.

Era de poucas falas. Cando os señores lle perguntaban algo non

daba resposta sin dinantes poñere en orde os seus pensamentos. Era,

pois, un home de peso e de proveito, a quen pidían consello os viciños

na seguranza de acertaren nos seus negocios.

Tódolos anos viña a pasa–lo vran a Armuño un señor que, a forza

de argalladas e de vértolas, e coa proteición dos vexatos da política

mariñán, chegara a Ministro. Inda que era nado en Galicia, non conocía

desta máis que a organización do caciquismo, verdadeira rede, na que,

como a mosca na tea da araña, está colleito o noso sufrido labrego.

O señor Bastián non o quería ben. No fondo dos seus pensamentos

latexaba decote a rebeldía diante desta clas de xente que ten

verdadeira xenreira polas cousas da terra, e que aínda coidan que os

labregos son seus escravos.

Unha tarde estaba o noso home regando as prantas do xardín,

cando chegou alí o Ministro.

—Boas tardes, Bastián.

—Felices as teña vosté.

—¿Seique estás facendo de Neptuno 150 providente

148

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 12, 26 de outubro de 1907, p. 5. Incluíuse no volume de

1909 e nos posteriores.

149

Fai referencia a un topónimo que corresponde a unha aldea da parroquia de Lubre,

situada a 3 km. da capital do concello coruñés de Bergondo.

150

Adaptación á mitoloxía romana de Poseidón, o máis grande dos deuses gregos despois

de Zeus. É a divindade do mar.

137

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!