15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

Frades 145 , dendes Mesía 146 a Visantoña 147 . Non sei qué diaños dicía o

papel, pero o caso foi que un día xuntáronse en Carral máis de trescentos

homes armados de fouces, fisgas, bisarmas e carabinas.

¡Fixeron montesía! O que non lograran os de Sergude por seren

poucos, poidérono facer tódolos homes da bisbarra.

Os lobos foron mortos. A terra quedou libre daquela gran disgracia

que pesaba sobre nós.

Despois desto a aldea chegou a ter máis de trinta casas. A festa

de San Xian poido facerse no seu tempo, como se fose na mesma

Mariña de Sada. Os hórreos víronse acugulados de maínzo, e as tinallas

revertían de viño fresco e recendente. A xusticia de Miraflores non

viña tantas veces como dinantes, que onde hai paz e fartura hai tamén

bos pensamentos e bos feitos. De noite, polos quinteiros, inda que fose

no inverno, sintíanse as alegres cántigas e os aturuxos da mocedade

que iba de ruada. ¡A bendición de Dios —dixo o avó descubríndose—

viñera sobre as nosas chousas!

¡Xa sabedes, meus filliños, xa sabedes! Contra dos lobos que

non nos deixan vivir e que nos levan a nosa facenda, temos que facer

montesía... todos... todos xuntos! —finou o vello petrucio pechando

fortemente o puño, como dirixíndose a un enemigo que estivera asexando

polas escuras lumieiras...

145

Concello da Coruña que ten polo norte e polo leste a Mesía, polo sur e surleste a

O Pino, Arzúa e Boimorto, e polo oeste a Ordes e Oroso. Ten unha extensión de 81,4

km 2 que se reparten en 12 parroquias.

146

Concello coruñés de 106 km 2 e doce parroquias. Limita polo norte con Abegondo

e Cesuras, polo leste con Vilasantar, polo sur con Boimorto e Frades e polo Oeste

con Ordes.

147

Parroquia de Mesía constituída por 19 aldeas e situada a 6 km. da capital do concello.

136

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!