Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ... Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

15.02.2015 Views

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire Entramentres, eu deixarei pasa–lo vendaval, baixándome diante da súa forza asoballante, e despois tornarei de novo a estira–lo meu corpiño sobre do loureiro, deixando que a bris recendente destes vales me aloumiñe rendeando as miñas follas xeitosas e sempre verdes. ¡Que pouco vales, ouh pino lanzal e orguloso! II —Oínte, vimbio servil, oínte, —comenzou a rosmar polo baixo aquel pino lanzal— oínte, e xa sei que, según dis ti, a baixeza, o servilismo desleigado e a debilidade vergonzante, son boas condiciós para vivir nestes vales azoutados na crúa inverma polas furias do ceo ou do inferno. Así pensan os que, coma ti, non contan con forzas nin puxanza para loitar pola vida: así pensan os escravos, os probes de espíritu, os que para nada sirven. ¡Vimbio,vimbio cativeiro! cando veñan eses feros vendavales de que me falaches o teu corpo deble pasará pola inominia da humillación; por eso vivirás. As furias dos elementos perdoan casi sempre ó que nada val; o vento duro que arrica e derruba o forte carballo, nada lle fai ó cativeiro fieito Eu quizais secumba: a morte non é certamente unha vergonza. Moitas veces é escomenzo doutra vida máis honrada e útil. Mais, cando chegue para min ese día, as piñas que teño guindadas nas ponlas caerán sobre do eido, e ceibarán os piñucos que serán xermen de moitos fillos meus. Onde dinantes había un pino, nacerá un piñeiral en apreixado coto, que resistirá despois os máis feros e súpetos ventos de crúa invernía. Sigue gabándote, vimbio servil, escravo, lixado sempre pola baba que no teu corpo deixa a lamáchega que vive a carón teu. 134

Xabier Campos Villar OS LOBOS 142 —Escoitade o conto, meus fillos, —dixo o señor Xacobe pasando as enrugadas mans pola fogueira do lar. Aínda é cedo, a noite está negra como boca de lobo, e non podemos ir a ningures. A dona, mozos e nenos dispuxéronse a escoitar o vello petrucio. —Cando eu era rapás —fai desto moitismos anos— non había máis que catro casas nesta ridente terra de Sergude 143 . Os montes viciños, mais aló de Paleo e de Balbís, —estaban inzados de lobos. De noite, polo inverno, baixaban a facer estragos nas leiras, e algunhas veces levaban unha vida. Ninguén se arriscaba a saír ó quinteiro. Non había año nin emprego que estiveran seguros de tornaren á corte. ¡Que triste e probe era estonces Sergude! “Terra de lobos” lle chamaban nas Mariñas dos Freires; abofé que tiñan razón. As feras e maila xusticia que se nos facía dende o pazo de Miraflores, eran unha cavilación que pesaba sobre de nós como un bafo maldito. Os viciños de Sergude eran poucos para se libraren dos lobos. Mais un día, o pai do Ferreiro, home intelixente e disposto, esquirbeu un papel que foi lido en tódalas aldeas á redonda, dendes Cerceda 144 a 142 Publicado n’ A Nosa Terra, nº 1, 4 de agosto de 1907, p. 3. Ese mesmo ano foi reproducido en Follas Novas, periódico regional e en Galicia. Recóllese por primeira vez en libro na edición de 1909. 143 Aldea de Xornes, situada a 9,4 km. da capital do concello de Ponteceso. Tamén é unha freguesía anexa a San Martín de Tabeaio, no concello de Carral. Ten polo norte as parroquias de Andeiro e Vigo, polo sur a Paleo, polo leste Vigo e Cañas, e Tabeaio polo Oeste. 144 Concello coruñés de 119,4 km 2 que limita con Culleredo e Carral polo norte, Tordoia e Ordes polo sur, Carral e Ordes polo leste e Laracha e Carballo polo oeste. Está dividido nas parroquias de Cerceda, Encrobas, Meirama, Queixas, Rodís e Xesteda. 135

Xabier Campos Villar

OS LOBOS 142

—Escoitade o conto, meus fillos, —dixo o señor Xacobe pasando

as enrugadas mans pola fogueira do lar. Aínda é cedo, a noite está

negra como boca de lobo, e non podemos ir a ningures.

A dona, mozos e nenos dispuxéronse a escoitar o vello petrucio.

—Cando eu era rapás —fai desto moitismos anos— non había

máis que catro casas nesta ridente terra de Sergude 143 . Os montes

viciños, mais aló de Paleo e de Balbís, —estaban inzados de lobos.

De noite, polo inverno, baixaban a facer estragos nas leiras, e algunhas

veces levaban unha vida. Ninguén se arriscaba a saír ó quinteiro.

Non había año nin emprego que estiveran seguros de tornaren á

corte.

¡Que triste e probe era estonces Sergude! “Terra de lobos” lle

chamaban nas Mariñas dos Freires; abofé que tiñan razón. As feras e

maila xusticia que se nos facía dende o pazo de Miraflores, eran unha

cavilación que pesaba sobre de nós como un bafo maldito.

Os viciños de Sergude eran poucos para se libraren dos lobos.

Mais un día, o pai do Ferreiro, home intelixente e disposto, esquirbeu

un papel que foi lido en tódalas aldeas á redonda, dendes Cerceda 144 a

142

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 1, 4 de agosto de 1907, p. 3. Ese mesmo ano foi reproducido

en Follas Novas, periódico regional e en Galicia. Recóllese por primeira vez en

libro na edición de 1909.

143

Aldea de Xornes, situada a 9,4 km. da capital do concello de Ponteceso. Tamén é unha freguesía

anexa a San Martín de Tabeaio, no concello de Carral. Ten polo norte as parroquias de

Andeiro e Vigo, polo sur a Paleo, polo leste Vigo e Cañas, e Tabeaio polo Oeste.

144

Concello coruñés de 119,4 km 2 que limita con Culleredo e Carral polo norte, Tordoia e

Ordes polo sur, Carral e Ordes polo leste e Laracha e Carballo polo oeste. Está dividido

nas parroquias de Cerceda, Encrobas, Meirama, Queixas, Rodís e Xesteda.

135

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!