15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Xabier Campos Villar

O VIMBIO E MAILO PINO 141

A SANTIAGO CASARES QUIROGA

—¡Ouh pino lanzal e orguloso! —dicía o vimbio— dende o

cume dese cómaro, soilo e escurripado, estás ollando con desprecio as

silvas, espiñas, fiúnchos e demais herbas cativeiras que medran nestes

ridentes vales.

Tamén a min fasme carantoñas nas noites de luar; e cando o vento

do sul chega a nós, o teu rum–rum, máis que queixume, somella

unha risa bulrona.

Ontes, cando aquel vento forte que arrincaba as frores e follas

dos meus compañeiros e amigos, e facía arrendear as miñas ponlas en

movimentos epiléuticos, as túas picudas follas caeron de punta sobre

de min e firíronme sin piedade.

Non esquencerei o aldraxe ¡ouh pino lanzal e orguloso! Por mui

fachendoso que te poñas morrerás escura e doidamente. Eu dígoche en

verdade: a túa mesma fortaleza será a causa desa morte.

Cando veñan os vendavales do inverno, eses ventos que fan tembrar

a natureza toda, heite de ver estonces ¡ouh pino lanzal! Bruarás

coma un condanado, coma un lobo doente; queixaraste pidindo piedade;

e despois dunha loita inútil, virás ó chan, tronzado pola mitá,

rachado; dino castigo ó teu desleigamiento, orgulo e xentileza.

141

En libro foi reproducido por primeira vez na edición de 1909. Anteriormente fora publicado

en prensa na Revista Gallega, nº 124, 25 de xullo de 1897, p. 3; en El Eco de Galicia

da Habana, nº 792, 28 de agosto de 1897, pp. 3–4; e en El Eco de Galicia de Buenos

Aires en 1898. Nestas reproducións aparece dedicado a Eduardo Pondal e asinado por M.

Lugrís Freire. N’ A Nosa Terra, nº 17, 4 de decembro de 1907, p. 5, aparece por primeira

vez dedicado a Santiago Casares Quiroga, asinado por Asieumedre e publicado baixo o

antetítulo “A carón do lar”.

133

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!