15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Xabier Campos Villar

O XIRO DO SANCRISTÁN 140

—Viaco, Andrés, viacó, —dicía o crego de San Roque ó sancristán—

¿ti es home de ben

—¡Ai, señor! ¿E pergúntamo ¿E haberá no mundo home máis

leal e mellor vasallo que min Se San Roque falara podería decirlle se

teño ou non teño boa lei.

—Pero como San Roque non fala, e penso que fai ben, fágoche

eu a pregunta.

—¡Avo María, señor cura! As súas palabras mesmamente que

me dan moito que cavilar. ¿Ten vosté algunha duda da miña honradés

—Direiche, Andrés: hoxe recollín os cartos da boeta das ánimas,

e notei que non hai nin a mitá do que debía de haber. ¿Quen colleu cartos

dalí

Andrés rascou fortemente a testa, e despois de vacilar como o

que se vai chapuzar en auga fría no mes de Xaneiro, dixo:

—Pois mire, señor cura: a verdá élle a verdá, e por dicir mentira

non me ha de abri–las portas o demo. Onte pola mañán quitei cinco

pesos da boeta.

—¡Gandul, mal sancristán, herexe!... ¡Roubar desa maneira ás

ánimas do purgatorio!

—¿Eu roubar Eso non é certo. Escóiteme, pola nai que o

pareu e verá como non foi un arroubo. O sancristán de Santa Minia

preto de Pontevedra, debíame unha cantidá dende fai tres anos.

Como non tiña modo de mandarma, esquirbinlle dicindo que mete-

140

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 42, 12 de xuño de 1908, pp. 5–6. Ese mesmo ano foi

reproducido en Mondoñedo e estivo presente en todas as edicións en libro.

131

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!