Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ... Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

15.02.2015 Views

Xabier Campos Villar ¡BOA PROTEICION! O RAPOSO E MAILAS GALIÑAS 139 Era entre lusco e fusco. As galiñas, na compaña de tres coruscantes e xentiles galos, empoleiráranse xa no galiñeiro. Esperguizaron as aas, cataron o bicho, e paseniñamente foron agachando o pico dispoñéndose a dormir. Xa non se escoitaba máis que o xordo cacarexo dunha galiña celosa, que dirixía non limpos alcumes a unha pita branca que aquel serán fora agasallada, con cortesía e con feitos, polo galo máis novo e solermiño verdadeiro sultán naquel serrallo voador. Un dos galos alongou o pescozo, e dirixindo a cabeza de direita a esquerda púxose a ouzar. Na porta do galiñeiro sentíanse mainas rabuñaduras, que foron subindo pouquiño a pouco astra o tarabelo. Os demais galos e galiñas espertaron, e cacarexaron asustados. —¿Quen anda aí —perguntou un galo mozo que dun brinco baixou astra a porta, poñéndose a asexar por unha rendixa do caneiro. —Son eu, —dixo o raposo, que tal era o animal que rabuñaba na porta. —Eu é palabra que a todos nos cadra. Díganos o seu nome, calidade e demais circunstancias. —Pois eu son o can de palleiro do señor Chinto, que vive preto da ponte. —¿E que quer de nós, señor can de palleiro 139 Publicado n’ A Nosa Terra, nº 34, 14 de abril de 1908. Reproducido ese mesmo ano en Mondoñedo e incluído en todas as edicións posteriores dos Contos de Asieumedre. 127

Xabier Campos Villar

¡BOA PROTEICION!

O RAPOSO E MAILAS GALIÑAS 139

Era entre lusco e fusco. As galiñas, na compaña de tres coruscantes

e xentiles galos, empoleiráranse xa no galiñeiro.

Esperguizaron as aas, cataron o bicho, e paseniñamente foron

agachando o pico dispoñéndose a dormir. Xa non se escoitaba máis

que o xordo cacarexo dunha galiña celosa, que dirixía non limpos

alcumes a unha pita branca que aquel serán fora agasallada, con cortesía

e con feitos, polo galo máis novo e solermiño verdadeiro sultán

naquel serrallo voador.

Un dos galos alongou o pescozo, e dirixindo a cabeza de direita

a esquerda púxose a ouzar. Na porta do galiñeiro sentíanse mainas

rabuñaduras, que foron subindo pouquiño a pouco astra o tarabelo. Os

demais galos e galiñas espertaron, e cacarexaron asustados.

—¿Quen anda aí —perguntou un galo mozo que dun brinco

baixou astra a porta, poñéndose a asexar por unha rendixa

do caneiro.

—Son eu, —dixo o raposo, que tal era o animal que rabuñaba

na porta.

—Eu é palabra que a todos nos cadra. Díganos o seu nome, calidade

e demais circunstancias.

—Pois eu son o can de palleiro do señor Chinto, que vive preto

da ponte.

—¿E que quer de nós, señor can de palleiro

139

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 34, 14 de abril de 1908. Reproducido ese mesmo ano en

Mondoñedo e incluído en todas as edicións posteriores dos Contos de Asieumedre.

127

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!