15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

—Estou, ho; a fame sempre foi moi dada ás grandes cavilaciós.

Este inverno é moi cru, a neve acocha por compreto o monte, e por

ningures atopo mantenza.

—Pásalo mal porque queres, lobo amigo. Eu veño dunha casta

que noutros tempos andaba ceiba por estas montañas... Un día os

meus antepasados decatáronse que era comenente facerse amigos

dos homes, e baixaron á vila. Dendes daquela, xa ves que boa pelamia

temos.

—Non é mala, non; mesmamente somellas unha virxe de Osiris

polo rixo, gordo e relucente.

—Pois ti podías esta–lo mesmo.

—¿E de que maneira

—Facendo o que eu fago. Déixate de rila–los dentes pola noite,

que tanto medo causan a tódolos animás, e faite amigo dos homes. Os

homes, en verdade cho digo, son un fato de lampantís. Adúlaos canto

poidas, lámbelles a man cando vexas que che van a mallar no lombo,

e verás que regalada vida tes en troques. ¿Modo de servirlos

Pouca cousa tamén. Cando na eira entre un señor, con longa túnica e

casco coruscante, debes menea–lo rabo de dereita á esquerda, dar

duas voltas á sua beira, e despois déitaste no chan ollando solermiñamente.

Mais cando algún desgraiado cuberto de farrapos, vello e

arrimado a un bordón, pida unha esmola, ou supoñas que nada pode

dar, ládraslle canto podes, e fíncaslle os dentes nunha perna. Tratar

mal ós probes é moi ben visto entre dos animás que se moven sobre

dúas patas.

—Non me parece mal, —respondeu o lobo cheo de alegría— e

rógoche que me leves contigo.

—Pois imos indo.

E en santa e amorosa compañía comenzaron a camiñar cara a

vila. Cando xa estaban preto desta, parouse o lobo e perguntou:

—Amigo can, ¿que é o que tes no pescozo

—¿Eu nada.

—Fáltache o pelo en toda a volta.

124

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!