15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Xabier Campos Villar

A LIBERTADE

O LOBO E MAIL–O CAN 138

IMITACIÓN DUNHA FÁBULA DE LAFONTAINE

Consta dun vello pergameo, atopado nos cimentos dunha pirámide

exipcia, que aló nos comenzos da historia, dinantes de que os

fillos de Tiro e Sidón viñesen nas súas barcas raras e fermosas a visita–las

praias da Iberia, os cans non eisistían, ou millor dito, os cans e

mailos lobos eran unha mesma familia, que andaban polos montes e

fragas, como verdadeiros foraxidos, comendo cando podían e disfrutando

dunha libertade natural e compreta.

Mais un día, cansos de trafegar no monte, dous de aqueles animás,

macho e femia, baixaron a unha vila caldea. Acetaron os costumes

da nova vida, e dexeneráronse canto pode dexenerarse un animal

que aceta o que non é propio da súa condición.

Tal é, según o vello pergameo exipcio, o orixe do can.

Despois de moitos anos, un forte can de palleiro, tataraneto dos

animais foraxidos, sintindo saudades pola libertade, deixou a vila caldea

e foise a zanganear polo monte.

Na revolta dunha congostra, atopou cun lobo famento e fraco

coma un asubío. Olláronse fite a fite, e, midindo coa imaxinación as

súas forzas, decidíronse prudentemente a non loitaren.

—Boas tardes, señor lobo.

—Moi boas, señor can.

—¿Seique estás melancónico

138

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 41, 4 de xuño de 1908, pp. 4–5. Ese mesmo ano foi reproducido

en Mondoñedo e tamén en todas as edicións en libro.

123

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!