15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Xabier Campos Villar

de pouca sabidencia; eran, digo, mais, éranvos contos, alucinaciós

que non furtaban os froitos das nosas chousas, nin lixaban a honra

dos cristianos. Mais agora supoñede que todo aquelo fora certo; xuntade

tódalas lurpias do inferno; arrecadade as barreduras dos canallas

e malnacidos; misturade todo esto e dádelle alma e corpo, e teredes

estonces a imaxe verdadeira, a feitura do demo en que eu tiña dinantes

cravado o meu pensamento.

—¿E quen é ese demo —preguntou Román.

—O cacique que vive nestas infortunadas montañas, esa maldición

que tomou corpo en don Reinaldo...

Este nome fixo correr un estarrecimento de horror polas veas de

toda a familia.

—Pero logo, —dixo Sabela— ¿sabedes dalgunha outra infamia

dese ladrón

—Si, miña nora, si; unha infamia que para que se lle dera creto

precisábase ter conocimento da baixa condición do home que a fixo.

—Cóntenos, daquela, señor.

—Pois veredes, meus filliños, pois veredes. María do Couto

estaba cegamente namorada de don Reinaldo. Había malas lenguas

que aseguraban que María non se gardaba moito do seu galán, mais

esto tiña disculpa polo moito querer que lle tiña 137 . Unha noite chegou

don Reinaldo á casa de María, e díxolle:

“Ti ere–la única persona deste mundo que é merecente da miña

confianza; colle estes documentos e gárdaos ben, agáchaos no colchón

do teu leito, pois hai malas almas que mos queren furtar para me perdere.”

María acetou con alegría, pois é sabido que para unha alma

namorada non hai satisfaición máis agasalleira que a de sere merecente

da confianza da persona que se quere. Don Reinaldo, como

sabedes, tiña moito mando no concello, e sospoitaba de que pensaban

facer secretario ó pai de María para aminorar deste xeito o caciquis-

137

Nas “Erratas” que pechan a primeira edición dise que “Entre outras, que o bon sentido

correxirá, hai unha importante nos renglós 24 e 25, páxina 21: onde se di polo moito lle

tiña, debe dicir, polo moito querer que lle tiña.

121

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!