15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

—¿Hoxe quedarémonos sin o conto a que vosté nos ten afeitos

tódalas noites

—Si, si, un conto, avolito, —dixeron os tres netiños batendo

as mans.

—¿E de que vos hei de falar

—Inda que sea un conto de pantasmas e de encantamentos

—dixo Román— que os cativos de agora xa non sinten medo.

—¡De pantasmas e de encantamentos! ¡Ai! ¡meus filliños! facedes

ben en non lles ter medo. Cando eu era pequeno non se facía un

conto a carón do lar que non fora de encantamentos, que ferían o noso

cerebro facéndonos despois ver entre das sombras do sobrado mil pantasmas,

endiañados, que nos arripiaban moito.

¡Ditosos tempos aqueles, meus filliños! —sigueu dicindo o

vello Paulos— ¡ditosos tempos aqueles en que tiñamos medo a pantasmas

que vivían na imaxinación da xente iñorante! ¡Son outras as

malas fadas que agora pesan sobre dos labregos! Aquelas compañas

que, nas altas horas da noite, atopábamos na escura congostra; aquela

medoñenta compaña que iba a rente dunha tumba, vagueando pola

tebrosa campía, rodeada de luces esmorecidas e moventes, seguida da

desdentada estadea... metía grande medo, é certo, ós babecos que

xuraban que a viran. Os palramentos das meigas na sombrisa Quenlle

136 , da que saían despois, trocadas en brancos carneiros e mouros

gatos que atentaban ás comanduleiras viciñas; o demo que andaba

ceibo pola terra conquerindo ánimas para seu odiado reino... aqueles

tronantes que a iñorancia dos nosos antepasados coidaba ver nos

negros turbiós do ceo, e que despois, cando eran esconxurados polo

libro de San Ciprián, caían na terra pedazo a pedazo para seren enterrados

no monte Medela en baixo de sete croios; aquelas lumias da

noite que asolagaban no mar as embarcaciós mandadas por mariñeiros

que non querían renegar da fe de noso Señor Xesucristo... Todo

aquelo, e outras cousas máis, éranvos contos, alucinaciós das xentes

136

Pode tratarse de Quenxe, unha aldea da parroquia de Lemaio, no concello de Laracha,

a 5,4 km. da capital. O único topónimo Quenlle que rexistramos atópase na provincia

de Ourense.

120

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!